Saltar ao contido

Usuario:Póutega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O usuario Póutega é un usuario colectivo creado unicamente para a publicación de imaxes realizadas por dous usuarios con cámaras de fotos compartidas. Un deses usuarios está rexistrado na wikipedia como Xabier Cid.

Este usuario non pode participar en debates, procesos de discusión nin votacións.

Este usuario non realizará edicións textuais fóra das relativas á edición das imaxes dentro dos artigos.

Este usuario créase ao abeiro do espírito que rexe na wikipedia sobre usuarios colectivos, e cun alto grao de restricións. O usuario Póutega respectará todas as decisións que a wikipedia tome no futuro en relación aos usuarios colectivos, incluída a súa eliminación.