Saltar ao contido

Usuario:UvigoTrad/Laure Wyss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

miniatura| Laure Wyss

Laure Wyss (1981)

Laure Elisabeth Wyss, nada o 20 de xuño de 1913 en Biena (Suíza) e finada o 21 de agosto de 2002 en Zúric, foi unha escritora suíza e pioneira nos medios de comunicación. Ademais, liderou a emancipación da muller en Suíza e deulles voz ás mulleres como escritora e xornalista[1].

Vida e obra

[editar | editar a fonte]

Laure (pronunciado: /loɾ/) Wyss naceu en 1913 en Biena (en alemán Biel). Era a filla máis nova de Anna-Bertha Wyss-Uhlmann, que era ama de casa, e de Werner Wyss, notario, concelleiro e conselleiro cantonal do Partido Radical Democrático Suízo (PRD). A súa irmá, Hilde Wyss, era dous anos máis vella ca ela. A súa avoa paterna era filla dun viticultor de Twann (cidade sita no cantón de Berna), e o seu avó paterno, Jakob Wyss, foi o fundador e director do Instituto Biel-Seeland. A súa avoa materna rexentaba unha tenda na que vendía utensilios de costura, xéneros de punto e produtos coloniais, como café[2], e o seu avó materno representaba a aseguradora suíza die Mobiliar. ligazón=https://de.wikipedia.org/wiki/Datei:Laure_auf_dem_Liegestuhl.jpeg|miniatura ligazón=https://de.wikipedia.org/wiki/Datei:Laure_mit_weissem_Hut.jpg|miniatura

Formación básica e superior

[editar | editar a fonte]

Wyss criouse ata 1926 na cidade de Biena[3] e, nese mesmo ano, mudouse coa súa familia a unha casa unifamiliar autoconstruída en Evilard —municipio suízo do cantón de Berna, situada ao norte de Biena—, unha aldea agrícola e turística. Dende 1926 ata 1932, Wyss estudou no Instituto Biel-Seeland, que anteriormente dirixira o seu avó. Despois de superar a proba de acceso á universidade, marchou a París para buscar traballo de au pair[4].

En outubro de 1932 matriculouse na Facultade de Letras da Universidade de París, onde asistiu a clases de Literatura francesa e Arte contemporánea[5]. Despois da súa estadía en París, no verán de 1933, realizou unhas prácticas durante seis meses na notaría do seu pai, que quería que a súa filla estudase Ciencias Xurídicas[6]. Nese outono, Wyss matriculouse na Universidade de Zúric para estudar Alemán e Francés e diplomouse como profesora de secundaria, especializada nestas materias[7]. No semestre de inverno do curso académico 1934-35 asistiu a clases de Filosofía na Friedrich-Wilhelms-Universität (actual Universidade Humboldt de Berlín). Durante esta etapa, namorouse do irmán dunha amiga súa da universidade, Ernst Zietzschmann, que iniciara os seus estudos en Arquitectura en Alemaña e, posteriormente, concluíu os seus estudos en Zúric. En 1936, Zietzschmann marchou a Estocolmo para vivir e traballar alí e, en 1937, casou con Wyss[8].

Anos de guerra en Estocolmo e Davos

[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1937 e 1942, Wyss viviu co seu marido en Estocolmo. Naquel entón, era ama de casa mentres aprendía linguas nórdicas, como o sueco, o danés ou o noruegués. Durante a súa estadía nesta cidade, trabou unha profunda amizade co sociólogo conservador liberal Berthold Josephy, que fuxira de Alemaña por ser xudeu. Este afanouse na escritura dos seus libros, que trataban, maioritariamente, os temas do liberalismo e do socialismo.

Por aquel entón, Arthur Frey dirixía o Schweizerische Evangelische Pressedienst (servizo de prensa protestante suízo) e a Evangelischer Verlag (editorial protestante) de Zollikon, cidade e comuna suíza do cantón de Zúric[./Https://de.wikipedia.org/wiki/Laure_Wyss#cite_note-9 [9]]. Frey encargoulle a Wyss que traducise algúns documentos suecos, noruegueses e daneses da resistencia das igrexas escandinavas que estaban en contra da ocupación alemá. Deste xeito, traduciu escritos de Eivind Berggrav, bispo de Oslo, que foi unha forza motriz na Bekennende Kirche (Igrexa Confesante) de Noruega. Tamén traduciu sermóns do pastor danés Kaj Munk, que foi asasinado a causa do nacionalsocialismo. As súas traducións foron publicadas na editorial protestante suíza. En 1942, volveu xunto co seu marido a Suíza e trasladáronse a Davos[10].

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

ligazón=https://de.wikipedia.org/wiki/Datei:Laure_Wyss_Gedenktafel.jpg|alt=Laure-Wyss-Gedenktafel an der Winkelwiese 6, Zürich|miniatura|Placa conmemorativa na honra de Laure Wyss, sita na rúa Winkelwiese, 6 (Zúric)

  • 1973: Förderungspreis der Stadt Zürich (Premio de promoción outorgado pola cidade de Zúric)
  • 1974: Ehrengabe des Kantons Zürich (Distinción honorífica do cantón de Zúric)
  • 1978: Ehrengabe der Stadt Zürich (Distinción honorífica da cidade de Zúric)
  • 1982: Schillerpreis der Zürcher Kantonalbank (Premio Schiller do Banco Cantonal de Zúric) pola obra Ein schwebendes Verfahren
  • 1993: Werkjahr der Max-Frisch-Stiftung (Bolsa de traballo Fundación Max Frisch)
  • 1994: Ehrengabe der Stadt Zürich (Distinción honorífica da cidade de Zúric)
  • 1997: Ehrengabe des Kantons Zürich (Distinción honorífica do cantón de Zúric)
  • 1998: Gesamtwerkspreis der Schweizerischen Schillerstiftung (Premio á obra completa da Fundación Schiller de Suíza)
  • 1998: Grosser Literaturpreis des Kantons Bern (Gran premio de literatura do cantón de Berna)
  • 2000: Goldene Ehrenmedaille des Regierungsrates des Kantons Zürich (Medalla de ouro de honor do Consello de Goberno do cantón de Zúric)
  • 2001: Werkbeitrag des Kantons Zürich (Premio de traballo do cantón de Zúric)
  • 2003: Durante o festival de primavera Sechseläuten (Zúric), a Gesellschaft zu Fraumünster (Sociedade Fraumünster) honra a Laure Wyss. Ademais, coloca unha placa conmemorativa na rúa Winkelwiese, 6.

Non ficción

  • Frauen erzählen ihr Leben. 14 Protokolle (1976). Epílogo de Lilian Uchtenhagen. Huber Frauenfeld. ISBN 3-7193-0535-X.
    • En tapa branda: (1981). An einem Ort muß man anfangen. Frauen-Protokolle aus der Schweiz. Darmstadt: Luchterhand (SL 355). ISBN 3-472-61355-6.
  • Mutters Geburtstag. Notizen zu einer Reise und Nachdenken über A. Ein Bericht (1978). Huber Frauenfeld. ISBN 3-85791-454-8.
    • En tapa branda: (1981). Darmstadt: Luchterhand (SL 340).
  • Ein schwebendes Verfahren. Mutmaßungen über die Hintergründe einer Familientragödie. Eine Dokumentation (1981). Múnic: Kindler.
  • Was wir nicht sehen wollen, sehen wir nicht. Journalistische Texte (1987). Publicado por Elisabeth Fröhlich. Zúric: Limmat. ISBN 3-85791-131-X.
  • Briefe nach Feuerland. Wahrnehmungen zur Schweiz in Europa (1997). Zúric: Limmat. ISBN 3-85791-288-X.
  • Protokoll einer Stunde über das Alter. Moritz Leuenberger im Gespräch mit Laure Wyss (2002). Zúric: Limmat. ISBN 3-85791-377-0.

Ficción

  • Das rote Haus. Roman (1982). Huber Frauenfeld.
  • Tag der Verlorenheit. Erzählungen (1984). Huber Frauenfeld.
  • Liebe Livia. Veras Tagebuch von Januar bis Dezember (1985). Zúric: Limmat.
  • Weggehen ehe das Meer zufriert. Fragmente zu Königin Christina von Schweden (1994). Zúric: Limmat. ISBN 3-85791-228-6.
  • Wahrnehmungen und andere Geschichten (2003). Editado por Tobias Kaestli e Hans Baumann. Zúric: Limmat. ISBN 3-85791-397-5.
  • Hundeshagen, Karl Bernhard e Languet, Hubert (1946). Calvinismus und staatsbürgerliche Freiheit. Wider die Tyrannen. Zollikon (Zúric): Evangelischer Verlag.
  • Warszawa. Zwölf Polnische Gedichte auf Warschau (1948). Tradución de Nikolaus Boesch. Zúric: Verlag L.E.W. (Autopublicación).
  • Gut zum Druck (1972). Editado por Laure Wyss. Zúric: Artemis.
  • Norwegische Kirchendokumente: Aus den Jahren des Kampfes zwischen Kirche und weltlicher Macht, 1941–1943 (1943). Sobrecuberta: documentos da historia martirial da Igrexa protestante, editados e traducidos por Laure Wyss. Zollikon (Zúric): Evangelischer Verlag.

[[Categoría:Muller]] [[Categoría:Finados en 2002]] [[Categoría:Nados en 1913]] [[Categoría:Personalidades de Suíza]] [[Categoría:Novelas]] [[Categoría:Narrativa]] [[Categoría:Literatura de Suíza]] [[Categoría:Literatura en lingua alemá]] [[Categoría:Xornalistas de Suíza]]