Saltar ao contido

Usuario:Xan de ningures/Plantillas de mensaxes a outros usuarios da Galipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imaxe probablemente escaneada con datos correctos[editar | editar a fonte]

Ola [[Usuario:]]. Grazas por colaborares e por colaborares subindo imaxes.

Con todo, e a pesar de que a imaxe [[:Ficheiro:]] non corre ningún risco de ser borrada, pois presenta licenza e orixe (propio), creo conveniente, por se acaso, facer unha reflexión:

Unha foto non é propia por ti a teres escaneado ou por ti teres tirado unha foto doutra foto. Neses casos, no arquivo resultante os dereitos de autor do orixinalestán presentes. A imaxe [[:Ficheiro:]] é túa (ti tes os dereitos de autoría) unicamente se ti a pintaches -e sen calcala-.

A miña opinión é que é unha imaxe escaneada, polo mesmo vou propor que sexa borrada. Poderás expresarte a favor de que a imaxe se manteña na ligazón que dentro dun momento che indicarei.


Véxase: Wikipedia:Imaxes para borrar/Imaxe:Img045.jpg

O título das imaxes[editar | editar a fonte]

O título das imaxes debe indicar o contido da imaxe. Non se permiten títulos como Ficheiro:P7160024.JPG. Iso non quere dicir que esa imaxe vaia ser borrada, quere dicir que algún usuario, algún día, deberá subila de novo cun título máis adecuado.

Rógoche que de aquí en diante procures poñer títulos con contido léxico (non fai falla que volvas subir as imaxes que xa subiches, xa se corrixirá cando se poida o problema, pois é un problema menor).

A caixa de datos das imaxes[editar | editar a fonte]

Vou engadir a caixa de datos ás imaxes que subiches. Xa o fixen con Ficheiro:P7160024.JPG (edítaa para ver a sintaxe).

Nas próximas imaxes, conviría, se non tes inconveniente, que escribises os datos coa seguinte sintaxe (sempre que as fotografías sexan tiradas por ti mesmo):

== Resumo ==
{{Information
|Description= "Breve descrición da imaxe"
|Source=Eu son o autor (self made) 
|Date= "Data"
|Author=[[:gl:User:Carronada|Carronada]]
|Permission=[[Modelo:Cc-by-sa-2.5-es|Cc by sa 2.5 es]]
|other_versions=
}}

== Licenza: ==
{{Cc-by-sa-2.5-es}}