Saltar ao contido

Usuario:Xoca~glwiki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Recursos Humanos nos Ciclos Formativos de Administración e Finanzas[editar | editar a fonte]

Introducción As empresas ou atividades empresariais empregan, no proceso produtivo de bens e servizos que pon a disposición da coleitividade para que esta satifaga as suas necesidades, unha série de recursos.

Os recursos empregados, atendendo a sua xénese, podemos clasificalos en materiais e intelectuais; os materiais están constituidos polos elementos tanxibeis, materias ou produtos empregados no proceso, por capital tanto na vertente financeira como as próprias máquinas, instalacións técnicas,... e nos recursos inteletuais ou intanxíbeis atopámonos co saber facer dos recursos humanos que nos guiarán para empregar os recursos materiais, de xeito eficiente, na procura dos bens e servizos que se pretende ofertar.

O éxito asi dunha atividade empresarial non depende só dos elementos materiais e capital empregado senón e en grande medida dos recursos humanos empregados.

Considerados asi os recursos humanos como pedra angular do proceso produtivo, vexamos como é a sua estrutura, como se elixen, motivan, cámbian de funcións, xestionan,.... seguirá