Válvula magnética (refrixeración)
Unha válvula magnética é un dispositivo que se encarga de variar a corrente que circula a través dun solenoide (condutor situado arredor dun émbolo, en forma de bobina) e que se emprega para controlar o fluxo de líquidos ou gases, en posición completamente aberta ou completamente pechada, polo que se lle chaman aparatos de "todo ou nada".
Ao circular a corrente polo solenoide xera un campo magnético que atrae ao émbolo móbil, o cal volve a súa posición cando finaliza o efecto do campo magnético, ben pola presión do fluído a controlar, dun resorte ou ben polo efecto da gravidade.
Montaxe
[editar | editar a fonte]As válvulas magnéticas están previstas para a montaxe en posición horizontal e vertical. Recoméndase a montaxe coa bobina cara a arriba para evitar a acumulación do sedimento que poida interromper no funcionamento. Antes da montaxe da válvula, débese limpar as tubaxes co fin de evitar interrupcións de funcionamento. Diante das servo válvulas recoméndase colocar un filtro para capturar impurezas.
Usos
[editar | editar a fonte]O uso de válvulas accionadas por solenoides débese a que permiten a súa implantación en lugares de difícil acceso, xeralmente na liña de líquido, na de aspiración ou na de gas quente, e facilitan a automatización do proceso ao ser accionadas electricamente. Úsanse en controladores estándar, equipos para automatización, termóstatos e cámaras frigoríficas entre outras aplicacións.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |