Vértice xeodésico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
Un vértice xeodésico é un sinal que indica unha posición cartográfica exacta, e que forma parte dunha rede de triángulos xunto a outros vértices xeodésicos. A súa localización adoita situarse en lugares altos e illados, con liña de visión directa cara a outros vértices.
Rede de vértices española
[editar | editar a fonte]En España a rede xeodésica está dividida en tres categorías. Todos os vértices dunha rede son á súa vez vértices das máis pequenas. A rede de primeira orde está formada por triángulos de entre 30 e 70 km. Na de segunda orde os lados dos triángulos teñen entre 10 e 25 km. A rede de terceira orde ten lados de 5 a 10 km.
Son de formigón e están pintados de branco. Están formados por un cilindro branco de 120 cm de altura e 30 de diámetro, sustentado nunha base cúbica. Desde 1975 están protexidos pola Lei sobre sinais xeodésicos e xeofísicos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vértice xeodésico |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |