Vía Centrum Partido Demócrata
Aparencia
Vía Centrum Partido Demócrata | |
---|---|
Acrónimo | V-CPD |
Tipo | partido político |
Data de fundación | 3 de agosto de 2016 |
Sede | Ames |
País | Galicia |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vía Centrum Partido Demócrata (V-CPD) é un partido de ámbito español rexistrado o 3 de agosto de 2016[1] que se identifica como unha forza de centro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formárono en Galicia ex-militantes de Cidadáns críticos co cambio de candidato nas eleccións xerais de 2016 sen un proceso de primarias. Comparten gran parte da ideoloxía co partido do que xurdiron, dándolle unha grande énfase á democracia interna. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 preséntanse en coalición co partido de ámbito galego Cidadáns de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rexistro de partidos políticos". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial (en castelán)