Vía Televisión
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Vía Televisión | |
---|---|
Tipo | televisión local |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.viartv.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
VIA Televisión é unha televisión local galega propiedade de Sistemas de Televisión Gallega, que ten unha concesión de TDT na demarcación de Ponteareas, malia emitir tamén nas demarcacións de Vigo e Pontevedra así como no norte de Portugal. Pertence ao grupo VIA rtv, que tamén agrupa a VIA radio. Desde 2017 só emite videoclips en bucle.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Programación propia
[editar | editar a fonte]- Vía novas, un informativo que abrangue todo o sucedido na provincia de Pontevedra. Presentado por Silvia Rueda.
- Debates Vía novas, é un programa de entrevistas a personaxes públicas vinculadas ao tema do día.
- Vía deporte, con información deportiva da provincia de Pontevedra da man de Ramón Presley.
- Viaxa polos nosos entornos, ofrece imaxes das contornas da provincia de Pontevedra.
- Metrópoli, programa cultural conducido por Elena González que analiza as distintas asociacións culturais da provincia e tamén se encarga de amosar a produción cultural da zona.
- Vía repor, espazo de reportaxes.
- A toda salsa, programa musical conducido por Pepe Costas (autor da famosa canción "Carmiña Carmela") en que cada semana se poden ver actuacións das orquestras de Galicia no plató de Vía Tv acompañadas de entrevistas.
- A tu salud, programa encamiñado a subministrar información sobre diferentes aspectos da saúde, ademais de responder as preguntas da audiencia en directo.
- Los martes de García y Compañía, espazo magazine presentado por Beni García con entrevistas e actuacións en directo.
- El debate, presentado por Carmen García Braga o programa xorde arredor dunha tertulia onde se lle dá cabida a todo tipo de opinións.
- Cine Vía, programa diario que analiza estreas, recadación etc.
- Vía Semanal, un programa que se emite as fins de semana, onde se repasan as noticias máis importantes de toda a semana.
- Ademais destes programas Vía Televisión emite regularmente Entrevistas Vía novas, a personaxes destacadas, así como especiais como os pasados Vía Anual, Vía Campaña Electoral, Especial Fin de ano, Especial Festas de Nigrán, Especial Festa do Viño (Salvaterra de Miño) e Especial Festa dos Callos (Salceda de Caselas), entre outros.
Recentemente incorporouse á canle o programa Festeiros, producido por Linea Press, que percorre as diferentes festas de Galicia e se emite en diferentes televisións locais de Galicia.
Cobertura
[editar | editar a fonte]Vía Televisión emite en TDT practicamente en toda a provincia de Pontevedra e no norte de Portugal a través dos MUX 35 (Ponteareas) e 28 (Vigo).
En marzo de 2012 a canle comezou a emitir en formato panorámico (16:9), converténdose na segunda televisión local de Galicia (a primeira fora 7 Canal Rías Baixas) en escoller este tipo de emisións.