Vía do alfa-aminoadipato
A vía do α-aminoadipato é unha vía metabólica para a síntese do aminoácido L-lisina. Nos eucariotas esta vía é exclusiva dos fungos superiores (que conteñen quitina nas súas paredes celulares) e os euglénidos.[1] Tamén se atopou nas bacterias do xénero Thermus.[2]
Vía metabólica
[editar | editar a fonte]O homocitrato é inicialmente sintetizado a partir de acetil-CoA e 2-oxoglutarato pola homocitrato sintase. Este é despois convertido en homoaconitato pola homoaconitase e despois a homoisocitrato pola homoisocitrato deshidroxenase. Un átomo de nitróxeno engádese desde o glutamato pola aminoadipato aminotransferase para formar o α-aminoadipato polo cal esta vía recibe o seu nome. Este despois é reducido pola aminoadipato redutase por medio do intermediario acil-enzima a un semialdehido. A reacción co glutamato catalizada por unha clase de sacaropina deshidroxenase rende sacaropina, que é despois clivada por unha segunda sacaropina deshidroxenase para formar lisina e oxoglutarato.[3]
Ácido alfa-aminoadípico
[editar | editar a fonte]Ácido α-aminoadípico | |
---|---|
Ácido 2-aminohexanodioico | |
Identificadores | |
Número CAS | 542-32-5 |
PubChem | 469 |
ChemSpider | 456 |
MeSH | 2-Aminoadipic+Acid |
ChEBI | CHEBI:37024 |
ChEMBL | CHEMBL433238 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H11NO4 |
Masa molecular | 161,156 g/mol |
Aspecto | Cristalino |
Densidade | 1,333 g/mL |
Punto de fusión | 196 °C; 385 °F; 469 K |
Punto de ebulición | 364 °C; 687 °F; 637 K |
Perigosidade | |
Principais perigos | Irritante |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido α-aminoadípico (ou alfa-aminoadipato se está desprotonado) é un aminoácido intermediario na vía do α-aminoadipato para o metabolismo da lisina e a sacaropina. É sintetizado a partir do homoisocitrato pola aminoadipato aminotransferase e reducido pola aminoadipato redutase para formar o semialdehido.
Un estudo de 2013 identificou ácido α-aminoadípico (ácido 2-aminoadípico) como un "novo preditor do desenvolvemento da diabetes" e suxeriu que é "un potencial modulador da homeostase da glicosa en humanos".[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zabriskie TM, Jackson MD (2000). "Lysine biosynthesis and metabolism in fungi". Natural Product Reports 17 (1): 85–97. PMID 10714900. doi:10.1039/a801345d.
- ↑ Kosuge T, Hoshino T (1999). "The α-aminoadipate pathway for lysine biosynthesis is widely distributed among Thermus strains". Journal of Bioscience and Bioengineering 88 (6): 672–5. PMID 16232683. doi:10.1016/S1389-1723(00)87099-1.
- ↑ Xu H, Andi B, Qian J, West AH, Cook PF (2006). "The α-aminoadipate pathway for lysine biosynthesis in fungi". Cell Biochemistry and Biophysics 46 (1): 43–64. PMID 16943623. doi:10.1385/CBB:46:1:43.
- ↑ Wang TJ, Ngo D, Psychogios N, Dejam A, Larson MG, Vasan RS, Ghorbani A, O'Sullivan J, Cheng S, Rhee EP, Sinha S, McCabe E, Fox CS, O'Donnell CJ, Ho JE, Florez JC, Magnusson M, Pierce KA, Souza AL, Yu Y, Carter C, Light PE, Melander O, Clish CB, Gerszten RE (2013). "2-Aminoadipic acid is a biomarker for diabetes risk". J Clin Invest 123 (10): 4309–4317. PMC 3784523. PMID 24091325. doi:10.1172/JCI64801.