Víctor Cucurull
(2011) | |
Nome orixinal | (ca) Víctor Cucurull i Miralles |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XX Rubí, España |
Ideoloxía política | Catalanismo |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona - licenciatura en xeografía e historia |
Actividade | |
Ocupación | xestor cultural, activista |
Membro de | |
Participou en | |
26 de xaneiro de 2020 | Q84360016 |
11 de setembro de 2014 | Catalan Way 2014 (en) |
Víctor Cucurull Miralles, nado en Rubí, Barcelona,[1] é un pseudohistoriador catalán,[2] membro do secretariado da Assemblea Nacional Catalana (ANC),[3] membro do Institut Nova Història e Presidente da Fundación Sociedad y Cultura. En 1980, foi candidato ó parlamento de Cataluña pola circunscrición de Barcelona, ocupando o Nº 17 na lista do partido Unión de Centro Democrático, baixo o nome de "Centristas por Cataluña". Posteriormente foi xirando cara a unha ideoloxía máis catalanista. Como membro da ANC, foi o ideólogo da manifestación masiva do 11 de setembro de 2014 na que se formou unha V en Barcelona, reclamando a independencia de Cataluña.
En xaneiro de 2020 foi un dos primeiros asinantes do manifesto en apoio a Quim Torra titulado manifest en suport al MHP Quim Torra i a les institucions de Catalunya, cuxa redacción proclamaba que «o presidente non se toca».[4]
Teorías sobre a historia de Cataluña
[editar | editar a fonte]Fíxose famoso polas súas apacicións en actos da ANC e por impartir varias conferencias, baixo o patrocinio do Institut Nova Història, nas que divulga unhas teorías "extravagantes" sobre a súa visión catalanista da historia ("as orixes da nación catalá remóntanse ó século VII a. C." e que foi "a primeira nación do mundo", "os Tartessos teñen a súa orixe na cidade tarraconense de Tortosa", "Roma non comezou a ser a capital que foi, ata que non entraron os cataláns", "o descubrimento de América non se levou a cabo por españois, senón por cataláns", "Cataluña foi a nación máis importante do mundo dende finais de século XV até a metade do século XVI", "O Quixote foi escrito inicialmente en catalán"...), así como de personaxes históricos (San Ignacio de Loyola, Cristovo Colón, Américo Vespucio, Miguel de Cervantes e Santa Tareixa de Xesús entre outros).[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cedeira 2017; Cabús 2014
- ↑ Campreciós 2014; Martín Ramos 2017; García Cárcel 2017
- ↑ "Santa Teresa de Jesús "era catalana de arriba a abajo" para Víctor Cucurull, del Secretariado de la ANC". Crónica Global. 3 de xuño de 2016.[Ligazón morta]
- ↑ "Què no té ressò en l'independentisme?". El Triangle. 6 de febreiro de 2020.
- ↑ Fernández 2014; Lillo 2014
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso de la Torre, J.R. (3 de setembro de 2014). "Pizarro era de Cataluña". Hoy.
- Álvarez, Luciano (18 de novembro de 2017). "La historia "a lo bestia"". El País (Montevideo).
- Cabús, Rubén (11 de agosto de 2014). "El rubinenc Víctor Cucurull és l'ideòleg de la V de la Diada, que ja té un tram reservat a Rubí". Rubí TV. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2018.
- Campreciós, Xavier (11 de xuño de 2014). "De Duran Lleida, Susana Díaz, Eduardo Madina, Rasputin-Rubalcaba i Ada Colau". El Periódico.
- Cedeira, Brais (27 de outubro de 2017). "Los 'catedráticos' que se inventan la historia catalana a 400€ por conferencia". El Español.
- Fernández, Antonio (30 de xuño de 2014). "Las teorías independentistas que convierten en catalanes a personajes históricos". El Confidencial.
- García Cárcel, Ricardo (10 de xullo de 2017). "Nova Història". Crónica Global.[Ligazón morta]
- Guil, Janot (11 de xuño de 2014). "La Asamblea Nacional Catalana se apropia también de Santa Teresa de Jesús". ABC.
- Lillo, Jesús (11 de xuño de 2014). "Lo más normal del mundo". ABC.
- Martín Ramos, Jesús (25 de novembro de 2017). "Más sobre Cataluña. Víctor Cucurull, el estrambótico "revisor" de la historia catalana". La Opinión de Zamora.
- Rodríguez, Antonio; Reyes, Luis (18 de setembro de 2015). "Los diez mitos históricos del catalanismo". Tiempo (1823). ISSN 0213-1951. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de marzo de 2020.
- Segura, Cristian (24 de novembro de 2014). "Un simposio defiende que Colón, Cervantes o Da Vinci eran catalanes". El País.
- Sorrosal, Ainhoa (13 de maio de 2016). "Revuelta de miembros del secretariado de la ANC por la falta de transparencia". El Nacional.
- Villarino, Ángel (8 de novembro de 2017). "En clase de 'Nova Història': "Hernán Cortés era catalán y quería un reino independiente"". El Confidencial.