Víctor Dorrego Queizán
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1908 Castroverde, España |
Morte | 29 de outubro de 1936 (27/28 anos) Portomarín, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Víctor Dorrego Queizán, nado en Castroverde cara a 1908 e finado en Portomarín o 29 de outubro de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario do Corpo de Motoristas Vixiantes de estradas do Ministerio de Obras Públicas foi destinado a Lugo en 1933,[1] foi xefe de vixilancia de estradas en Santiago de Compostela (1934).[2] Afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 31 de xullo e ingresou na Prisión Provincial de Lugo. O 29 de outubro foi posto en liberdade na cadea de Lugo e ese mesmo día foi asasinado no camiño de Torrentes xunto á capela de Cortapezas (Portomarín), xunto con Severino Rivas Barja.