Saltar ao contido

Víctor Espasandín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Espasandín

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Víctor Manuel Espasandín Facal Editar o valor en Wikidata
16 de marzo de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Santa Comba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2004–2004 SD Compostela
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2006 Real Valladolid Club de Fútbol B 36(0)
2006–2006   Real Valladolid 1(0)
2006–2007   Ponferradina 7(0)
2007–2010   FC Barcelona B 75(0)
2010–2011 AC Omonia 9(0)
2012–2012   Montañeros CF 13(1)
2012–2015 CE Sabadell 41(1)
2015–2016 Club de Futbol La Pobla de Mafumet 18(0)
2018– Metro F.C.

Víctor Manuel Espasandín Facal, nado en Santa Comba, A Coruña, o 16 de marzo de 1985, coñecido deportivamente como Espasandín é un futbolista español, que actúa como defensa no AC Omonia da Primeira División Chipriota.

Historial

[editar | editar a fonte]

Espasandín formouse nas categorías inferiores do SD Compostela, onde militou até categoría xuvenil. Entón fichouno o Real Valladolid, militando no seu equipo filial, o Valladolid B, onde tivo un alto rendemento, o que lle levou a ser convocado polo primeiro equipo.[1] A tempada 2006/07 foi cedido á SD Ponferradina para xogar en Segunda División.

O verán de 2007, o Valladolid traspasouno ao FC Barcelona, que o incorporou ao seu segundo equipo, o Barcelona B, adestrado por Pep Guardiola, e que logrou o ascenso a Segunda División B.[2]

O 9 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo do FC Barcelona por Frank Rijkaard para a disputa do encontro de Liga de Primeira División contra o Sevilla FC, aínda que non chegou a xogar.[3]

Durante o verán de 2009 foi un dos 11 xogadores do filial elixidos por Guardiola para realizar a pretemporada en Londres co primeiro equipo.[4]

Ao finalizar o seu contrato co equipo barcelonés, o 30 de xuño de 2010, fichou polo AC Omonia, campión da Primeira División de Chipre.[5]