Víctor Moscoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1936 (88 anos) Oleiros, España |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | debuxante de banda deseñada, artista de banda deseñada, deseñador |
Premios | |
| |
Sitio web | victormoscoso.com |
Victor Moscoso, nado en Oleiros o 28 de xullo de 1936[1], é un artista estadounidense, recoñecido pola súa produción psicodélica e cómics underground nos anos 60 e 70 en San Francisco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De orixe galega[2], estudou primeiro na Cooper Union de Nova York, logo na Universidade Yale e despois no Instituto de Arte de San Francisco, onde tamén foi mestre.
Moscoso foi o primeiro artista con formación académica e experiencia que se expresou con pósters rock, sendo tamén dos primeiros que usou fotos nas súas obras. Viuse influenciado por pintores como Josef Albers, un dos seus mestres en Yale.
As súas pezas son incluídas tanto en obras de músicos de sona internacional como en animacións para a televisión polas cales recibiu numerosos premios, ao igual que o seu traballo en cómics underground.
Reside en San Francisco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gary Groth (9 de febreiro de 2011). "An Interview with Victor Moscoso". The Comics Journal (en inglés).
- ↑ Adrián G. (19 de setembro de 2021). "Víctor Moscoso. O pai galego da psicodelia". A que cheira, papá?.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Víctor Moscoso |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 04 de xullo de 2022 en Wayback Machine.
- Guía de pósters rock and roll
- Blog especializado