Saltar ao contido

Víctor Valverde Mayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Valverde Mayo
Biografía
Nacementoc. 1908 Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Guillarei, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, xornalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Valverde Mayo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4139

Víctor Valverde Mayo, nado no Porriño cara a 1908 e finado en Guillarei (Tui) o 6 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Monumento aos asasinados na Volta da Moura.

Funcionario do Concello do Porriño dende decembro de 1927 e oficial maior do Concello dende 1929.[1] Correspondente de El Pueblo Gallego e Tribuna (onde asinaba como Miss Espanta) no Porriño.[2] Foi membro da directiva do Liceo Artístico do Porriño e colaborador da Sociedad Fomento de Porriño y su distrito e do seu boletín. Presidente da Juventud Socialista e secretario da sociedade obreira do Porriño, foi detido en abril de 1934, pola explosión dun petardo durante a procesión do Venres Santo.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e sometido a un proceso militar. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 6 de agosto de 1936 con José Juan Teijeira Coto e Saturnino Álvarez Sotelino.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Emilia Rodríguez Sequeiros en 1928,[4] e foi pai de Emilia, Víctor, Trinidad e Adoración Valverde Rodríguez.

  1. El Pueblo Gallego11-12-1929, p. 9.
  2. Tribuna, 8-7-1934, p. 4.
  3. El Compostelano, 17-4-1934, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 26-10-1928, p. 13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]