Saltar ao contido

Vaca frisoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vaca de raza frisoa ou Holstein.

A vaca frisoa ou vaca Holstein é unha raza vacúa procedente da rexión frisosaxoa (Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein en Alemaña, Frisia e Holanda Setentrional nos Países Baixos), que destaca pola súa alta produción de leite e carne e a súa boa adaptabilidade. Estas características fixeron que fose adoptada en gandarías de numerosos países. De feito, hoxe en día é a raza máis común en todo o mundo en granxas para a produción vacúa de leite. Porén, o leite producido por esta vaca ten menores contidos en graxa e proteína ca outras razas vacúas.[1]

Ao naceren pesan arredor de 40 kg. As vacas frisoas chegan a pesar ao redor de 600 kg, mentres que os touros alcanzan os 1000 kg.

A primeira exportación de vacas frisoas desde Holanda ata os Estados Unidos foi en 1705, pero as maiores importacións fixéronse entre 1879 e 1887.[2]

Características raciais

[editar | editar a fonte]

As frisoas teñen marcas distintivas, xeralmente brancas e negras ou vermellas e brancas, e adoitan exhibir un patrón estampado. En raras ocasións poden mostrar manchas negras e vermellas en combinación con branco. Estas vacas son famosas pola súa elevada produción leiteira, cun 3,7% de graxa e un 3,1% de proteína.[3] O peso corporal dos xatos ao naceren é de 40 a 50 kg. Unha frisoa adulta adoita pesar entre 680 e 770 kg, e mide 145-165 cm á cruz. As xovencas de frisón deben recriarse até os 11-14 meses de idade, cando pesan 317-340 kg ou un 55% do seu peso adulto. Xeralmente os criadores buscan que as xovencas de frisón teñan o seu primeiro parto entre os 21 e os 24 meses de idade cando alcanzan o 80% do seu peso corporal adulto. O período de xestación está en torno aos 9 meses e medio.[4]

Arredor do 100 a.C. un grupo de persoas procedentes de Hesse emigraron co seu gando vacún á costa de North Sea cerca da tribo Frisii, ocupando a illa de Batavia, cerca do Rin, Maas, e Waal. Os datos históricos suxiren que as vacas que os acompañaban eran de capa negra, e as vacas Frisoas daquel momento eran brancas ou de capas claras. Os cruces entre ambas pode que deran lugar a fundación da raza Holstein-Friesian, xa que deste momento en diante as vacas de ambas tribos describíronse igual nos documentos históricos.

A parte do país que bordea North Sea, chamada Frisia, estaba situada entre as provincias de North Hollanda, Friesland e Groningen, e en Alemaña ata o río Ems. As persoas coñecíanse polo coidado e cría das vacas. Os Frisii, preferían pastorear que ir á guerra, polo que paaron un imposto de coiros e cornos de boi ao goberno romano, mentres que os batavios proporcionaban soldados e oficiais ao exército romano, loitando con éxito en diversas guerras romanas. Os Frisii criaron a mesma liña de vacas sen alteración durante 2000 anos, excepto cirucunstancias accidentais. En 1282, as inundacións produciron a Zuiderzee, unha masa de auga que separou as separou as Frisoas en dous grupos. O grupo occidental que ocupou West Friesland, agora parte do norte de Holanda, o oriental que ocupou as provincias de Friesland e Groningen, tamén en Holanda.

Os pasteiros ricos de Holanda son insuperables para a produción de herba, gando e produtos lácteos. Entre os séculos XIII e XVI, a produción de manteiga e queixo era enorme. Os rexistros históricos describen os bovinos pesados de 2600 a 3000 libras de peso cada un.

Os criadores tiñan como obxectivo producir o maior número posible de leite e carne do mesmo animal. A selección, reprodución e alimentación leváronse a cabo con grande éxito. A endogamia non foi tolerada e as familias nunca xurdiron, aínda que as diferenzas no solo en diferentes localidades produciron diferentes tamaños e variacións. [5]

  1. "Holstein-Friesian | breed of cattle". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2019-04-20. 
  2. "Holstein-Friesian | breed of cattle". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2019-04-20. 
  3. Caraviello, D.Z.; Weigel, K.A.; Shook, G.E.; Ruegg, P.L. (2005-02). "Assessment of the Impact of Somatic Cell Count on Functional Longevity in Holstein and Jersey Cattle Using Survival Analysis Methodology". Journal of Dairy Science 88 (2): 804–811. ISSN 0022-0302. doi:10.3168/jds.s0022-0302(05)72745-4. 
  4. Fontanesi, L.; Scotti, E.; Russo, V. (2011-09-15). "Haplotype variability in the bovine MITF gene and association with piebaldism in Holstein and Simmental cattle breeds". Animal Genetics 43 (3): 250–256. ISSN 0268-9146. doi:10.1111/j.1365-2052.2011.02242.x. 
  5. "Figura 4 - Frequência de diferentes graus de instrução entre os participantes do questionário". dx.doi.org. Consultado o 2019-04-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.