Saltar ao contido

Valentín García Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaValentín García Gómez

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Abades, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sociolingüista Editar o valor en Wikidata

BUSC: garcia-gomez-valentin-1970
Non confundir con Valentín García Gómez (1963), político extremeño do PSOE.

Valentín García Gómez, nado en Abades (Silleda) o 10 de xuño de 1970, é un sociolingüista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou mestrado en Administración Local na mesma universidade. Foi responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada (1994-2011). Foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) (1996-2002). A finais de 2011 asumiu a coordinación técnica da Rede de Dinamización Lingüística. En xaneiro de 2012 foi nomeado secretario xeral de Política Lingüística substituíndo a Anxo Lorenzo Suárez.

No ano 2017 foi recoñecido como Xuíz Honorario do Couto Mixto.

Predecesor:
Anxo Lorenzo Suárez
 
Secretario Xeral de Política Lingüística
 
2012 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Santorum, Gracia (2009). Fervenza, ed. Dicionario de escritores de Deza. A Estrada. p. 34. ISBN 978-84-96368-00-2. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]