Valentín Lois Sobrino
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Morte | 16 de febreiro de 1937 ![]() Ventosela, España ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Barouteiro ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político ![]() |
Valentín Lois Sobrino, coñecido como Barouteiro, nado en Ribadavia cara a 1899 e finado en Ventosela o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante a Segunda República estivo afiliado á Sociedad de Agricultores de Valdepereira, adscrita á CNT do Ribeiro, fundada por José Bóveda Formigo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi localizado por un grupo de gardas civís e falanxistas na súa casa de Val de Pereira o 16 de febreiro de 1937 e foi asasinado, aínda que a versión oficial di que se suicidou.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Valdepereira: agrarismo e anarquismo no Ribeiro
- ↑ El Compostelano, 20-2-1937, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Valentín Lois Sobrino na páxina web Nomes e Voces.