Valentina Formoso Gosende
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() Riba de Mar, España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | IES Félix Muriel ![]() |
Ocupación | profesora de ensino secundario, activista lingüístico ![]() |
Empregador | Xunta de Galicia ![]() |
![]() |

Valentina Formoso Gosende, nada en Riba de Mar (Tarás, Outes) en 1970, é unha activista da normalización lingüística do galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa e hispánica. É doutora coa tese A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representación sociolingüísticas. É profesora de ensino secundario.
Como activista na normalización do galego creou e dirixiu o departamento de normalización lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia, participou[1] e dirixiu Equipos de normalización lingüística de centros de ensino e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, en Edicións Xerais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Os activistas da lingua' no IES Félix Muriel de Rianxo. Web serie "Aquí medra a lingua" (1x03)". Consultado o 2022-04-19.
- ↑ "Formoso Gosende, Valentina". Xerais. Consultado o 10 de xullo de 2018.