Valeriano Domínguez Bécquer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Valeriano Domínguez Bastida 15 de decembro de 1833 Sevilla, España |
Morte | 23 de setembro de 1870 (36 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Sacramental de San Lorenzo y San José |
Outros nomes | Valeriano Bécquer |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Retrato |
Familia | |
Pai | José Domínguez Bécquer |
Irmáns | Gustavo Adolfo Bécquer |
Descrito pola fonte | Galería biográfica de artistas españoles del siglo XIX (1868-1869) (pt) , (vol:1, p.176-177) |
Valeriano Domínguez Bécquer, nado en Sevilla o 15 de decembro de 1833 e finado en Madrid o 23 de setembro de 1870, foi un pintor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do pintor José Domínguez Bécquer, sobriño do tamén pintor Joaquín Domínguez Bécquer e irmán do poeta Gustavo Adolfo Bécquer.
Iniciouse na pintura da man de seu pai, aínda que tamén tivo como mestre a Antonio Cabral Bejarano.
Trasladado a Madrid, foi seu irmán quen lle abriu as portas dos ambientes artísticos da capital española.
En 1864 recibiu do Goberno de España o encargo dunha serie de pinturas que reflectisen as festas populares, os costumes e os traxes típicos das distintas rexións españolas e que deron lugar a obras como "O baile", "Festa popular do Moncaio (Aragón)" ou "Costumes españois da provincia de Soria".
Con todo, un cambio do Goberno supuxo para o pintor abandonar o traballo ao ver suspendida a bolsa que tiña concedida para a súa realización.
Traballou como debuxante e ilustrador de importantes publicacións como La Ilustración Española y Americana, El Museo Universal e El Arte en España.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Nodriza pasiega, 1856.
-
Retrato do seu irmán Gustavo Adolfo (1862)
-
El baile. Costumbres populares de la provincia de Soria, 1866.
-
El presente (tradiciones del Moncayo), 1866.
-
Lago de los patinadores en el Buen Retiro, La Ilustración de Madrid, 1870.
-
Retrato de señora, 1870.
-
Sepulcro de los fundadores del monasterio de Veruela, La Ilustración Católica, 1883.
Notas
- ↑ Mizrahi, Irene (1998). La poética dialógica de Bécquer (en castelán). Rodopi. ISBN 9789042002753.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valeriano Domínguez Bécquer |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
----
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |