Valmet L-70 Vinka
Valmet L-70 Vinka | |
---|---|
Tipo | adestrador |
Fabricante | Valmet |
Primeiro voo | 1 de xyllo de 1975 |
Introducido | 1980 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Finlandia |
Unidades construídas | 30 |
O Valmet L-70 Vinka é un avión de adestramento básico militar propulsado por un motor de pistóns de deseño finés da década de 1970. A principios dos anos 80 construíuse unha serie de 30 avións para a Forza Aérea de Finlandia, e aínda que o modelo non foi exportado, foi a base do Aermacchi M-290 RediGO propulsado por un motor turbohélice.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O conglomerado de fabricación estatal finés Valmet Oy comezou o traballo de deseño en setembro de 1970 para un substituto dos Saab Safir que entón utilizaba a Forza Aérea de Finlandia como adestradores básicos. Valmet recibiu un pedido da Forza Aérea para o desenvolvemento do LEKO-70 en marzo de 1973.[1] O primeiro prototipo fixo o seu voo inaugural desde o aeroporto de Halli o 1 de xullo de 1975.[2]
O avión é un monoplano tractor de ás baixas, construción totalmente metálica e cun tren de aterraxe en triciclo fixo. Está propulsado por un único motor Lycoming O-360 de catro pistóns contrapostos de 200 cabalos que acciona unha hélice de dúas pas. No seu rol principal de adestramento, o alumno e o instrutor sentan un ao lado da outro baixo un gran dosel deslizante. Pódense levar dous asentos adicionais ou unha padiola e un asistente médico para a función de ligazón, mentres que as ás están equipadas con catro soportes para o transporte de cargas externas.[3][4]
O 28 de xaneiro de 1977 a Forza Aérea de Finlandia realizou un pedido por 30 aeronaves que serían designados Vinka, sendo fabricados na factoría de Valmet en Kuorevesi.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "A New Northerly Air Current...The Vinka From Valmet". Air International 17 (6): 264–268, 289–290. December 1979. ISSN 0306-5634.
- Taylor, John W. R., ed. (1982). Jane's All The World's Aircraft 1982–83. London: Jane's Yearbooks. ISBN 0-7106-0748-2.