Vanessa Fernandes
Aparencia
Nome orixinal | Vanessa de Sousa Fernandes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de setembro de 1985 (39 anos) Perosinho, Portugal (pt) |
Altura | 168 cm |
Peso | 54 kg |
Actividade | |
Ocupación | triatleta, atleta, fondista |
Deporte | tríatlon atletismo ciclismo de competición |
Disciplina deportiva | tríatlon |
Participou en | |
2010 | 2010 in women's road cycling (en) (157ª) |
2008 | Triatlo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Feminino (pt) (medalla de prata olímpica) |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
Premios | |
Vanessa de Sousa Fernandes, nada en Perosinho o 14 de setembro de 1985, é unha triatleta portuguesa, campioa do mundo de tríatlon en 2007 e medallista de prata nos Xogos Olímpicos de 2008.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Atleta do club Sport Lisboa Benfica e habitual da selección portuguesa, esta atleta de 1,68 m comezou a súa carreira profesional en 1999 no Tríatlon de Peniche. É filla do ciclista Venceslau Fernandes. Con 15 anos ingresou nun centro de alto rendemento de Jamor onde reside e pasa a maior parte do seu tempo.
Os seus adestradores son Sérgio Santos e António Jourdan. Foi oitava no tríatlon olímpico dos Xogos de Atenas. En 2006 acadou a primeira posición do ranquin mundial de tríatlon.
Resultados máis importantes
[editar | editar a fonte]2001
[editar | editar a fonte]Proba | Posición | Lugar | Título |
---|---|---|---|
Campionato de Europa júnior de tríatlon | 18ª | Karlovy Vary | |
Campionato de Europa júnior de dúatlon | Mafra | Prata por equipos |
2002
[editar | editar a fonte]Proba | Posición | Lugar | Título |
---|---|---|---|
Campionato do mundo júnior de tríatlon | 4ª | Cancún | |
Campionato de Europa júnior de tríatlon | 3ª | Gyor | Bronce |
Campionato de Europa júnior de dúatlon | 3ª | Zeitz | Bronce |
Copa do Mundo de Funchal | 12ª | Funchal | |
Copa do Mundo de Niza | 29ª | Niza | |
Copa do Mundo de Tizjausvaros | 34ª | Tizjausvaros |
2004
[editar | editar a fonte]Proba | Posición | Lugar | Título |
---|---|---|---|
Campionato de Europa de tríatlon | 1ª | Valencia | Ouro |
Campionato de Europa de tríatlon sub23 | 1ª | Tiszaujvaros | Ouro |
Xogos Olímpicos | 8ª | Atenas | |
Campionato do mundo | 5ª | Funchal | |
Campionato de Portugal de tríatlon | 1ª | Ouro | |
Copa do mundo de Madrid | 1ª | Madrid | Ouro |
Copa do mundo do Río de Xaneiro | 1ª | Río de Xaneiro | Ouro |
2005
[editar | editar a fonte]Proba | Posición | Lugar | Título |
---|---|---|---|
Campionato de Europa de tríatlon | 1ª | Lausana | Ouro |
Campionato de Europa de tríatlon sub23 | 1ª | Sofía | Ouro |
Campionato do mundo | 4ª | Gamagori | |
Copa do mundo de Madrid | 1ª | Madrid | Ouro |
Copa do mundo de Nova Plymouth | 1ª | Nova Plymouth | Ouro |
Copa do mundo de Mazatlán | 1ª | Mazatlán | Ouro |
Copa do mundo de Beixín | 1ª | Beixín | Ouro |
2006
[editar | editar a fonte]Proba | Posición | Lugar | Título |
---|---|---|---|
Campionato de Europa de tríatlon | 1ª | Autun | Ouro |
Campionato do mundo | 2ª | Lausana | Prata |
Copa do mundo de Madrid | 1ª | Madrid | Ouro |
Copa do mundo de Mazatlán | 1ª | Mazatlán | Ouro |
Copa do mundo de Aqaba | 1ª | Aqaba | Ouro |
Copa do Europa de Estoril | 1ª | Estoril | Ouro |
2007
[editar | editar a fonte]Proba | Posición | Lugar | Título |
---|---|---|---|
Copa do mundo de Ixigaqui | 1ª | Ixigaqui | Ouro |
Copa do mundo de Lisboa | 1ª | Lisboa | Ouro |
Campionato de Europa | 1ª | Copenhaguen | Ouro |
Campionato do mundo | 1ª | Hamburgo | Ouro |