Vanessa Nakate
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1996 ![]() Kampala, Uganda ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Educación | Escola de Negocios da Universidade Makerere ![]() |
Cor dos ollos | Castaño ![]() |
Cor do pelo | Cabelo castaño e pelo negro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía da empresa ![]() |
Ocupación | activista climática ![]() |
Período de actividade | 2018 ![]() |
Influencias | |
Participou en | |
22 de maio de 2022 | Foro Económico Mundial de 2022 |
IMF 2022 Annual Meetings ![]() |
|
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Vanessa Nakate, nada en Kampala o 15 de novembro de 1996, é unha activista climática ugandesa.[1] Medrou en Kampala e comezou o seu activismo en decembro de 2018, despois de térense rexistrado unhas temperaturas infrecuentemente altas no seu país.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nakate graduouse en xestión empresarial en Márketing pola Escola de Negocios da Universidade Makerere.[3]
Accións polo clima
[editar | editar a fonte]Inspirada por Greta Thunberg, comezou o seu propio movemento climático en Uganda, comezando en xaneiro de 2019 cunha folga en solitario contra a inacción do seu país fronte a crise climática.[4] Ó longo de varios meses foi a única manifestante fóra das portas do Parlamento de Uganda.[3] Finalmente, outros mozos comezaron a responder ás súas chamadas nas redes sociais para axudala e chamar a atención sobre a difícil situación das selvas tropicais no Congo.[5] Nakate fundou "Youth for Future Africa" (Mocidade pola África do Futuro) e o movemento Rise Up (Érguete), con sede en África. [6]
En decembro de 2019, Nakate foi unha das poucas activistas xuvenís que falou na reunión da COP25 en España.[7]
A comezos de xaneiro de 2020, uniuse a outros 20 mozos activistas climáticos de todo o mundo para publicar unha carta ós participantes no Foro Económico Mundial, pedindo ás empresas, bancos e gobernos que deixen de subsidiar os combustibles fósiles.[8] Quedou no campamento base do Ártico en Davos durante o Foro Económico Mundial. Posteriormente, os delegados uníronse a unha marcha climática o derradeiro día do Foro.[9]
En marzo de 2022, activistas ambientais ugandeses atacaron o megaproxecto petroleiro TotalEnergies no leste de África. A Asemblea Nacional francesa recibiu catro principais activistas xuvenís, os cales fixeron presión para que o goberno se posicione sobre o proxecto. Vanessa Nakate foi unha delas.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pais, El (6 de decembro de 2019). "'Greta Thunberg in Madrid: “I hope world leaders grasp the urgency of the climate crisis”". El País (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ Hanson, James (28 de outubro de 2019). "3 young black climate activists in Africa trying to save the world". www.greenpeace.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "22-year-old Nakate takes on lone climate fight". The Observer (en inglés). 30 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ Feder, J. Lester (7 de febreiro de 2019). "A Huge Climate Change Movement Led By Teenage Girls Is Sweeping Europe. And It’s Coming To The US Next.". BuzzFeed News (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Glasgow student follows Greta Thunberg with 30 day climate crisis strike". Glasgow Times (en inglés). 25 de novembro de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ Bort, Ryan (23 de xaneiro de 2020). "A Rolling Stone Roundtable With the Youth Climate Activists Fighting for Change in Davos". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Climate change: What's Greta been saying at the COP25 conference in Madrid?". BBC (en inglés). 7 de decembro de 2019. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ "At Davos we will tell world leaders to abandon the fossil fuel economy". The Guardian (en inglés). 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ Sengupta, Somini (24 de xaneiro de 2020). "Greta Thunberg Joins Climate March on Her Last Day in Davos" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2020.
- ↑ "African youth activists in French National Assembly over Total's oil pipeline in East Africa". RFI (en inglés). 2022-03-17. Consultado o 2024-11-24.