Vanessa Sotelo Quintela
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1995 (29 anos) Ourense, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Vanessa Sotelo Quintela, nada en Ourense o 21 de agosto de 1995, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de pivote e o seu equipo actual é o AD Alcorcón FSF da Primeira división de fútbol sala feminino de España. Estivo nomeada como mellor xogadora do mundo nos anos 2014 e 2015, finalizando en sétima e terceira posición respectivamente.[1] Foi máxima goleadora da liga española no ano 2018.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes de xogar a fútbol sala estivo na sección de fútbol 8 alevín do Ponte Ourense e fútbol once infantil do mesmo club. Comezou a xogar fútbol sala no Cidade de As Burgas, na tempada 2011-12 fichou polo Ponte Ourense[3] onde permaneceu dúas tempadas, para retornar no ano 2013-14 ao Cidade As Burgas.[4] Na tempada 2016-17 decidiu fichar polo AD Alcorcón FSF.[5]
Selección española
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección española o 4 de novembro de 2014 nun partido amigable contra Hungría.[6] Foi dúas veces bota de ouro nos mundiais disputados en Costa Rica e Guatemala.[7] No ano 2019 participou na primeira Eurocopa de fútbol sala feminino da historia e foi a gran protagonista do torneo, do que se proclamou campioa. Foi a autora do primeiro gol, a máxima goleadora con 10 tantos (un deles na final ante Portugal) e foi elixida mellor xogadora do torneo.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Clubs
[editar | editar a fonte]Actualizado ao último partido xogado o 1 de novembro de 2019.
Club | Div. | Tempada | Liga | Copas nacionais(1) |
Torneos internacionais(2) |
Total(3) | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||||||||||
Cidade de As Burgas FS Galicia | ||||||||||||||||||
- | ||||||||||||||||||
- | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | |||||
Total club | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | ||
Ponte Ourense Galicia | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2011-12 | 23 | 15 | 1 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 24 | 15 | 1 | 0 | ||
2012-13 | 26 | 23 | 4 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 26 | 23 | 4 | 0 | ||
Total club | 49 | 38 | 5 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 50 | 38 | 5 | 0 | ||
Cidade de As Burgas FS Galicia | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2013-14 | 27 | 29 | 5 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 27 | 29 | 5 | 0 | ||
2014-15 | 30 | 31 | 5 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 31 | 31 | 5 | 0 | ||
2015-16 | 29 | 38 | 9 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 29 | 38 | 9 | 0 | ||
Total club | 86 | 98 | 19 | 0 | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | - | - | 87 | 98 | 19 | 0 | ||
AD Alcorcón FSF España | ||||||||||||||||||
1.ª | ||||||||||||||||||
2016-17 | 30 | 27 | 5 | 0 | 2 | 1 | 2 | 0 | - | - | - | - | 32 | 28 | 7 | 0 | ||
2017-18 | 30 | 36 | 4 | 0 | 1 | 2 | 1 | 0 | - | - | - | - | 31 | 38 | 5 | 0 | ||
2018-19 | 27 | 37 | 7 | 1 | 2 | 3 | 1 | 0 | - | - | - | - | 29 | 40 | 8 | 1 | ||
2019-20 | 7 | 9 | 3 | 0 | - | - | - | - | - | - | - | - | 7 | 9 | 3 | 0 | ||
Total club | 94 | 109 | 19 | 1 | 5 | 6 | 4 | 0 | - | - | - | - | 99 | 115 | 23 | 1 | ||
Total traxectoria | 229 | 245 | 43 | 1 | 7 | 6 | 4 | 0 | - | - | - | - | 236 | 251 | 47 | 1 | ||
(1) Inclúe datos da Copa de España e da Supercopa de España.
(2) Inclúe datos do Campionato de Europa de Clubs e da Copa Intercontinental.
(3) Non inclúe datos de partidos amigábeis.
|
Palmarés e distincións
[editar | editar a fonte]- Eurocopa:
- En 2020 foi recoñecida nos Annual Fulsal Awards como a cuarta na clasificación de mellores xogadoras.[8]
- En 2016 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da IV Gala do Deporte Feminino Galego.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Una gallega en el trono brasileño" (en castelán). 21 de maio de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Vanessa Sotelo se hace con el "pichichi" en Primera División" (en castelán). 4 de xuño de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Vanessa Sotelo: 'Mi sueño es llegar algún día a jugar con la selección española'" (en castelán). 7 de novembro de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Presentación Vanessa Sotelo Quintela" (en castelán). 18 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Vane Sotelo deja el Cidade das Burgas" (en castelán). 27 de xuño de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Conoce a fondo a nuestras 13 elegidas para el Preeuropeo" (en castelán). 11 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Vanessa Sotelo: “Ni en mis sueños pensaba tener dos Botas de Oro con 20 años" (en castelán). 9 de decembro de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "O Pescados Rubén Burela vén de ser elixido como mellor club feminino do mundo". futgal.es. Consultado o 2021-01-27.
- ↑ "Begoña Fernández y Vanesa Sotelo serán galardonadas en la IV Gala do Deporte Feminino". El Progreso de Lugo (en castelán). 2016-04-04. Consultado o 2021-02-20.