Vanessa Veiga
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2022.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1979 ![]() Gondomar, España ![]() |
Altura | 159 cm ![]() |
Peso | 43 kg ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maratoniana ![]() |
Deporte | atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | Maratón ![]() |
Participou en | |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Julio Rey de Paz ![]() |
![]() ![]() |
Vanessa Veiga Comesaña, nada en Gondomar o 10 de xullo de 1979, é unha atleta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Especializada en cross e no medio fondo, como atleta en categoría júnior xa participara nos Mundiais de cross de 1998 en Marrakech, onde finalizara no posto 35º da categoría júnior[1]. Aínda adestrando en Vigo pertencía ao club Valencia Terra i Mar. En 2003 deixou o atletismo para dedicarse á súa familia e ter tres fillos.
En 2010 regresou á práctica atlética, desta vez orientada ao gran fondo e clasificouse de 11ª no campionato de España de cross. En 2011 converteuse na campioa de España de medio-maratón, e logo de maratón ese mesmo ano en Castelló de la Plana e conseguiu a marca mínima para participar nos Xogos de Londres.
O seu primeiro adestrador foi Alfonso Ortega, mentres que o actual é Julio V. Rey del Arco, que ademais é o seu sogro. O seu club en 2011 era o zaragozano Club Atletismo Adidas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casada co tamén fondista español Julio Rey.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Resultados Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine., web do Campionato.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanessa Veiga ![]() |