Guerino Vanoli Basket
Vanoli Cremona | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Serie A2 |
Fundación | 1999 |
Historia | Gruppo Triboldi Basket (1999–2011) |
Cores | Branco, azul |
Presidente | Aldo Vanoli |
Adestrador | Paolo Galbiati |
Patrocinador | Vanoli |
Localización | |
Cidade | Cremona, Italia |
Pavillón | PalaRadi |
Capacidade | 3 519 |
Inauguración | 1980 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2019) |
vanolibasket.com |
O Guerino Vanoli Basket, tamén coñecido como Vanoli Cremona por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Cremona, Lombardía. Fundado en 1999 como Gruppo Triboldi Basket, actualmente compite na Serie A2, a segunda categoría do baloncesto transalpino.
Historia
[editar | editar a fonte]O U.S. Gruppo Triboldi Basket foi fundado no ano 1999 en Soresina (Provincia de Cremona) por Secondo Triboldi. O equipo, con Simone Lottici como adestrador, pronto acadou a Serie B d’Eccellenza, a terceira máxima categoría do baloncesto italiano. Debido á falta dun pavillón axeitado, o club trasladouse a un estadio cuberto situado nas proximidades, o Cà de Somenzi de Cremona, aínda que o club mantivo a súa sede en Soresina. Despois de cinco temporadas no terceiro nivel, na temporada 2005-06 o equipo consegue o ascenso á LegaDue con Andrea Trinchieri no banco, acabando de primeiros do Grupo A e vencendo nas eliminatorias ao Cento,ao Forlì e ao Osimo. No seu primeiro ano na LegaDue, o equipo remata en cuarto lugar, sendo eliminado na primeira rolda do playoff de ascenso á Serie A na primeira rolda polo Pavia. Tras finalizar a temporada, Trinchieri deixa o seu posto de adestrador para traballar no Juvecaserta, sendo substituído por Stefano Cioppi. Despois de finalizar en quinto lugar ao ano seguinte e de ser eliminados precisamente polo Juvecaserta nas semifinais polo ascenso, sería na seguinte temporada cando o club acada a máxima categoría. Isto sería tras finalizar de terceiros na fase regular e despois de eliminar nos playoffs ao Pavia, ao Casale Monferrato e ao Dinamo Sassari.[1]
Despois do ascenso á Serie A, algúns dos dirixentes do Juvi Cremona entraron no club. De feito, a sede do club foi trasladada de Soresina a Cremona. Ao final da primeira temporada na máxima categoría, o equipo finaliza na décimo terceira praza. Ao finalizar a temporada 2010-11, tras finalizar no duodécimo posto, o presidente Secondo Triboldi dimite do seu cargo e ofrece gratuítamente as súas participacións no club. En setembro, Aldo Vanoli convértese no novo presidente do club, mudando o nome do equipo a Guerino Vanoli Basket na honra do seu pai.
Patrocinadores
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Tamoil Soresina (1999–2003)
- Vanoli Soresina (2003–2009)
- Vanoli Cremona (2009–2010)
- Vanoli-Braga Cremona (2010–2012)
- Vanoli Cremona (2012–)
Palmarés
[editar | editar a fonte]Competicións domésticas
[editar | editar a fonte]- Copa de Italia
- Campións (1): 2019
- Segunda División de Italia
- Campións (1): 2009