Vegas Golden Knights
Vegas Golden Knights | |
---|---|
Fundación | 2016 |
Cidade | Las Vegas, Nevada Estados Unidos |
Estadio | T-Mobile Arena (17.500 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Pacific |
Propietario(s) | Bill Foley Familia Maloof |
Director | George McPhee |
Adestrador | Gerard Gallant |
Cores | Gris aceiro, dourado, vermello e negro |
Na rede | |
https://www.nhl.com/goldenknights/ | |
Os Vegas Golden Knights son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Las Vegas (Nevada, Estados Unidos). Fundados en 2016 como equipo de expansión, compiten na National Hockey League (NHL) dende a tempada 2017-18, quedando encadrados na Pacific Division da Conferencia Oeste. O equipo xoga os seus partidos como local no T-Mobile Arena, situado no suburbio de Paradise. Na súa primeira tempada na NHL o equipo conseguiu proclamarse campión da súa división na liga regular, e da Conferencia Oeste nos play-offs, converténdose así no terceiro equipo que chegaba ás finais da Stanley Cup na súa primeira tempada logo dos Toronto Arenas (1918) e os St. Louis Blues (1968).[1]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Números retirados
[editar | editar a fonte]Aínda que a franquía non ten ningún número retirado, o equipo non pode empregar o número 99 para ningún dos seus xogadores, xa que este foi retirado de todos os equipos da liga en honor a Wayne Gretzky o 6 de febreiro do ano 2000 durante o Partido das Estrelas celebrado na cidade de Toronto (Canadá).[2]
Adestradores
[editar | editar a fonte]O 13 de abril de 2017 o director xeral dos Vegas Golden Knights, George McPhee, anunciaba ao canadense Gerard Gallant como primeiro adestrador da franquía. Gallant chegou aos Golden Knights logo de adestrar durante máis de dúas tempadas (entre 2014 e 2016) aos Florida Panthers,[3] de onde foi cesado o 27 de novembro de 2016 logo dun mal inicio de tempada.[4]
Nº | Nome | Tempadas | Liga regular | Play-offs | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
PA | V | D | E | OT | Pts % | PA | V | D | % V | |||
1 | Gerard Gallant | 13 de abril de 2017 | Adestrador actual |
Directores xerais
[editar | editar a fonte]O primeiro director xeral da franquía é o canadense George McPhee, nomeado o 13 de xullo de 2016. McPhee xa fora director xeral dos Washington Capitals entre 1997 e 2014,[5][6] e ocupara outros cargos directivos nos Vancouver Canucks e os New York Islanders.[7]
Nº | Nome | Período | Notas |
---|---|---|---|
1 | George McPhee | 13 de xullo de 2016- | [8] |
Trofeos
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- Clarence S. Campbell Bowl
O Clarence S. Campbell Bowl é actualmente o trofeo outorgado ao campión da Conferencia Oeste. Os Golden Knightss gañaron este galardón na súa primeira tempada de existencia:[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Billeck, Scott (21 de maio de 2018). "Golden Knights advance to Stanley Cup Final, eliminate Jets in Game 5" (en inglés). NHL.com. Consultado o 4 de xuño de 2018.
- ↑ "Gretzky's number retired before All-Star Game". Sports Illustrated (en inglés). 7 de febreiro de 2000. Archived from the original on 18 de marzo de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Golden Knights Name Gerard Gallant Head Coach". Vegas Golden Knights (en inglés). 13 de abril de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Panthers fire coach Gerard Gallant". NHL.com (en inglés). 28 de novembro de 2016. Consultado o 24 de outubro de 2017.
- ↑ "Three N.H.L. Teams Fill Coaching Vacancies". The New York Times (en inglés). 10 de xuño de 1997. Consultado o 25 de novembro de 2016.
- ↑ "Capitals Announce Changes to Front Office and Coaching Staff" (en inglés). Washington Capitals. 26 de abril de 2014. Consultado o 25 de novembro de 2016.
- ↑ "GEORGE MCPHEE" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 25 de novembro de 2016.
- ↑ Burnside, Scott (14 de xullo de 2016). "Las Vegas NHL team announces George McPhee as GM". espn.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2016.
- ↑ Graney, Ed (20 de maio de 2018). "Tears turn to smiles as Golden Knights win West for Las Vegas". Las Vegas Review-Journal (en inglés). Consultado o 4 de xoño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vegas Golden Knights |