Venancio Pérez Blanco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1913 Cariño, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (22/23 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, empregado de banca |
Venancio Pérez Blanco, nado en Cariño cara a 1913 e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antigo cabo de artillaría que foi expulsado da Armada. Empregado de banca. Secretario das Juventudes Socialistas Unificadas de Ferrol. Era representante do Socorro Vermello Internacional. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Canido con Guillermo Cedrón Gómez, Mario Rico Cobas, Felipe Hermida González, Carlos Pérez Fachal, Manuel González Díaz, Andrés Iglesias Garrote, José Rico Torrente, Antonio Fernández Mourente e Ramón Hermo Miranda.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 20-8-1936, p. 7.