Venancio Vázquez López
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1830 ![]() Sarria, España ![]() |
Morte | 23 de xuño de 1921 ![]() Sarria, España ![]() |
![]() | |
23 de maio de 1901 – 27 de marzo de 1903 Circunscrición electoral: Madrid ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político ![]() |
Venancio Vázquez López, nado en Sarria e finado na mesma vila o 23 de xuño de 1921,[1] foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1859, con 22 anos, instalouse en Madrid e coa axuda do seu tío Matías López López, converteuse nun próspero industrial dedicado á fabricación de chocolates e galletas.[2] A través da Unión Mercantil axudou aos damnificados polo terremoto de Granada en 1884 e especialmente aos de Santa Cruz de Alhama, concello do que foi nomeado fillo adoptivo. Liberal moretista, foi tenente de alcalde de Madrid e foi elixido deputado polo distrito de Madrid nas eleccións de 1901. Foi o primeiro presidente do Centro Gallego de Madrid. Pasou os seis últimos anos de vida en Sarria, acompañado do seu secretario, Federico Culebras.
A súa residencia de verán, un palacete afrancesado coñecido como Vila Aurelia, é a sede da sociedade cultural e recreativa La Unión dende 1931.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f1/Sarria_0003.jpg/300px-Sarria_0003.jpg)
Celebrou un casamento con Maria Dores Rodríguez y Cubas. Tivo por fillos a Dores, Guillerme, Anxo e Venancio Vázquez Rodríguez.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Integridad, 27-6-1921, p. 2.
- ↑ El Norte de Galicia, 25-6-1921, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Venancio Vázquez López |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. pp. 78–79. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 28 de maio de 2024.