Venerupis
Venerupis Ameixas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Venerupis decussata | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Venerupis é un xénero de moluscos bivalvos heterodontes da orde dos veneroides e familia dos venéridos, que inclúe numerosas especies de ameixas.
As súas valvas son robustas e de forma romboidal cos umbos situados cerca do extremo anterior. O extremo posterior é en forma de cuña e as marxes internas das valvas son lisas. Hai 3 ou 4 dentes cardinais en cada valva. O pé es grande e os sifóns son de lonxitude media e están unidos excepto na punta.[2]
Especies
[editar | editar a fonte]O World Register of Marine Species (WoRMS) acepta (2013) as seguintes especies como válidas:[1]
- Venerupis anomala (Lamarck, 1818)
- Venerupis aspera (Quoy & Gaimard, 1835)
- Venerupis bruguieri (Hanley, 1845)
- Venerupis corrugata (Gmelin, 1791) (sinónimo Venerupis senegalensis)
- Venerupis cumingii (G. B. Sowerby II, 1852)
- Venerupis decussata (Linnaeus, 1758)
- Venerupis galactites (Lamarck, 1818)
- Venerupis geographica (Gmelin, 1791)
- Venerupis glandina (Lamarck, 1818)
- Venerupis largillierti (Philippi, 1847)
- Venerupis philippinarum (A. Adams & Reeve, 1850)
- Venerupis rugosa (G. B. Sowerby II, 1854)
Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (SIIT), só admite estas catro:[3]
- Venerupis aurea (Gmelin, 1791)
- Venerupis decussata Linnaeus, 1758
- Venerupis philippinarum (A. Adams and Reeve, 1850)
- Venerupis senegalensis (Gmelin, 1791)
En Galicia
[editar | editar a fonte]Nas augas galegas téñense citado varias especies do xénero (ás veces con denominacións obsoletas).
Así, Ríos Panisse, no seu Inventario, rexistra cinco especies:[4]
- Tapes aureus (Gm.), clasificada hoxe como Venerupis aurea (Gmelin, 1791)
- Tapes decussatus (L.), hoxe Venerupis decussata Linnaeus, 1758
- Tapes pullastra (Wood), hoxe identificada como Venerupis corrugata (Gmelin, 1791)
- Tapes rhomboideus (Penn.) (por Tapes rhomboides), que hoxe se denomina Polititapes virgineus (Linnaeus, 1767), e
- Tapes texturatus (Lamck.), non encontrada na bibliografía actual e que ela recolleu de Cornide.
Rosa Ramonell, na súa Guía dos mariscos de Galicia, recolle catro especies:[5]
- Venerupis aurea (á que lle dá no nome de bruxa e bicuda; é a máis propiamente coñecida como ameixa bicuda)
- Venerupis decussata
- Venerupis pullastra —hoxe clasificada, como quedou dito, como Venerupis corrugata (Gmelin, 1791)—, e
- Venerupis rhomboideus, por Tapes rhomboides (Pennant, 1777), que hoxe se denomina, como se di máis arriba, Polititapes virgineus (Linnaeus, 1767)
Na máis moderna Guía dos moluscos de Galicia, os seus autores, Rolán e Otero, recollen as mesmas catro especies:[6]
- Tapes decussatus Linné, 1758
- Venerupis rhomboideds (Pennant, 1777), hoxe Polititapes virgineus (Linnaeus, 1767)
- Venerupis saxatilis (Fleuriau de Bellevue, 1802), e
- Venerupis senegalensis (Gmelin, 1791), hoxe clasificada no WoRMS como Venerupis corrugata (Gmelin, 1791)
Ningún destes autores inclúen como especie galega a Venerupis philippinarum (A. Adams e Reeve, 1850), a coñecida como ameixa xaponesa que, aínda qiue exótica, críase e colléitase abundantemente en Galica dende hai varios anos.
Porén, Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multilingüe, no que inclúen non só as especies pesqueiras galegas, senón moitas outras de interese comercial doutros mares, si a inclúen, así como algunhas outras ameixas:[7]
- Tapes (Ruditapes) decussatus (Linnaeus, 1758)
- Tapes (Ruditapes) philippinarum (A. Adams e Reeve, 1850)
- Venerupis aurea (Fmelin in Linnaeus, 1791)
- Venerupis corrugata (Gmelin, 1791)
- Venerupis dura (Gmelin, 1791)
- Venerupis pullastra (Montagu, 1803), e
- Venerupis rhomboideus (Pennat, 1777)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Venerupis Lamarck, 1818 no WoRMS. (Consultado o 21-11-2013).
- ↑ Barrett, John; C. M. Yonge (1958). Collins Pocket Guide to the Sea Shore. London: Collins. p. 158.
- ↑ Venerupis Lamarck, 1818 no SIIT. (Consultado o 21-11-2013)
- ↑ Ríos Panisse, M. C. (1977), pp. 145-148.
- ↑ Ramonell, R. (1985), pp. 122-131.
- ↑ Rolán e Otero (1996), pp. 254-257.
- ↑ Lahuerta e Vázque (2000), pp. 286-287.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Venerupis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Venerupis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hubler, M. (2010): Compendium of bivalves. A full-color guide to 3,300 of the World’s Marine Bivalves. A status on Bivalvia after 250 years of research. Hackenheim, Germany: ConchBooks. ISBN 978-3-939767-28-2.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-7154-506-3.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Bivalvos
- Heterodontes
- Veneroides
- Venéridos
- Lista de bivalvos de Galicia
- E os artigos das ameixas de Galicia:
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Venerupis en ADW.