Saltar ao contido

Veniamin Efsevidis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVeniamin Efsevidis

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Βενιαμίν Ευσεβίδης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1821 Editar o valor en Wikidata
Istambul, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte1895 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Istambul, Turquía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral do Espírito Santo Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico
1861 –
Bispo ortodoxo
6 de agosto de 1851 – 1858 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica bizantina grega, Igrexa católica e Igrexa ortodoxa de Constantinopla Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Participou en
8 de decembro de 1869Concilio Vaticano Primeiro Editar o valor en Wikidata

Veniamin Efsevidis[1] (en grego: Βενιαμίν Ευσεβίδης), nado como Dimitrios Efsevidis (en grego: Δημήτριος Ευσεβίδης) en Constantinopla en 1821 e finado en 1895[2] foi un eclesiástico greco-católico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia ortodoxa grega en 1821 en Constantinopla.[3] Estudou no Colexio Ortodoxo Grego de Fener e posteriormente na Escola Teolóxica de Halki.[3] O 18 de agosto de 1851 foi nomeado arcebispo titular de Neápolis,[4][5] e bispo auxiliar da metrópole de Dabar-Bosna, con sé en Saraxevo, entón baixo xurisdición da Igrexa ortodoxa de Constantinopla.[6][7]

As súas tendencias filo-católicas foron descubertas nunha carta interceptada polos ortodoxos do patriarcado ecuménico de Constantinopla, e foi acusado de apostasía.[3] En 1858, foi convocado polo patriarcado a Constantinopla onde, por iniciativa fanariota, foi arrestado e encerrado no mosteiro de Rila, na Bulgaria otomá.[8][9][10] A delegación apostólica pontificia pediu axuda á embaixada francesa, e o embaixador Édouard Thouvenel implicouse na liberación do arcebispo, obtendo das autoridades unha orde para a súa liberación.[9]

As fontes non son especialmente claras e as referencias tanxenciais, mais semella que por un breve tempo volveu á ortodoxia, para volver en 1861 ao catolicismo.[11] Foi arrestado novamente en 1861 e encerrado no monte Athos, antes da súa liberación novamente grazas á intervención francesa.[8]

Grazas ao sacerdote Joseph Lepavec, en 1863 viaxou a Roma, onde foi confirmado na súa sé.[3] Foi nomeado auxiliar do vigairo latino de Constantinopla, exercendo o seu ministerio entre os católicos de rito bizantino da cidade.[8] Durante a maior parte do resto da súa vida viviu en Péra, no mosteiro dos franciscanos conventuais, celebrando a divina liturxia diaria na igrexa de Santo Antón de Padua.[9] O 17 de xuño de 1867 foi nomeado prelado asistente ao trono pontificio.[12]

Participou no Concilio Vaticano Primeiro.[4][13][14] En 1882 ordenou sacerdote a Isaias Papadopoulos, futuro exarca de Grecia.[15]

Finou en 1895[8]/1897[3] e está enterrado na catedral do Espírito Santo de Istambul.[3]

  1. Tamén Beniamino Evsevidis, Beniamino Eusevidis, Benjamin Eusevidis, Benjamin Evsevidis, Benjamin Evsévidis, Dimitrios Efsevidis, Beniamino Dimitrio.
  2. A maioría das fontes dan como data de pasamento 1895, aínda que outras dan 1897.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Macar, Elçin (2002). İstanbul'un yok olmuş iki cemaati: Doğu ritli Katolik Rumlar ve Bulgarlar (en turco). İletişim. p. 35. ISBN 9789750500749. 
  4. 4,0 4,1 "Elenco degli EMI e RMI Signore Cardinali, dei RMI Patriarchi, Primati, Arcivescovi e Vescovi, degli Abbati nullius, dei superiori generali degli ordini regolari". La Civiltà Cattolica. Volume VIII: 700. 1869. Beniamino Dimitrio, Arciv. di Naplousa, rit. gr., pr. 18 Ag. 1851. 
  5. O título de Neápolis refírese probablemente á antiga sede episcopal en Palestina, hoxe Nablus; cando Efsevidis entrou na Igrexa católica mantivo o título de Neápolis.
  6. Lanne, Emmanuel (1997). Tradition et communion des Églises: recueil d'études. Leuven University Press. p. 489. ISBN 9789061867944. 
  7. A Igrexa ortodoxa en Bosnia estivo baixo xurisdición do patriarcado de Constantinopla dende 1766. Estaba estruturada en tres sés: Saraxevo (ou Bosna-Serai), Zvornik e Hercegovina. Máis información en Théarvic, M. (1899). "Le patriarcat œcuménique dans les Iles, en Bulgarie et en Bosnie". Revue des études byzantines 2 (5): 244. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Taft, Robert (2013). "Perceptions and Realities in Orthodox-Catholic Relations Today: Reflections on the Past, Prospects for the Future". En Demacopoulos, George E.; Papanikolaou, Aristotle. Orthodox Constructions of the West. Fordham University Press. pp. 34–35. ISBN 9780823251926. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Ronzevalle, Ferdinand (1899). "Un épisode de l'histoire contemporaine des Églises d'Orient: Captivité et délivrance d'un évèque grec, août 1858". Études (en francés) (80, xullo-agosto-setembro de 1899): 528–536. 
  10. Péchayre, A. P. (1936). "L'archevêché d'Ochrida de 1394 à 1767: A propos d'un ouvrage récent (suite et fin)". Revue des études byzantines (183): 284. Même au XIXe siècle, en 1858, Mgr Benjamin Evsévidès, métropolite de Bosna-Séraï, simplement soupçonné de tendances catholiques, fut enfermé au monastère du Rilo. Il aurait pu y finir ses jours, sans l'intervention d'une puissance occidentale. 
  11. "Communauté helléne de rit grec-catholique". Œuvre des Écoles d'Orient: Bulletins périodiques 14 (xaneiro 1887 - novembro 1888): 70. 1887. Ce fut dans le même temps (1861, N.d.E.) que Mgr Benjamin Euséridis , archevêque titulaire de Naplouse, embrasse l'union. Ce prélat vit encore aujourd'hui et persévère dans la foi 
  12. Les Pères du concile du Vatican: biographie illustrée complète de tous les pères du concile. Administration du Concile Illustré. 1870. p. 33. Mgr. BENJAMIN, archevèque de Nauplie ou Naplouse, en Grèce, prélat assistant au trône pontifical depuis le 17 juin 1867, du rite grec-melchite. 
  13. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 16. 
  14. "Chronicle of the Council". The Catholic Telegraph. XXXIX (29). 21 de xullo de 1870. The Mass of the Holy Ghost was celebrated by Mgr. Beniamino Dimitrio, Archbishop of Naplouze, in partibus, of the Greek rite, who officiated according to the Oriental rite. 
  15. Salaville, Sévérien (1912). "Le nouvel évêque grec catholique: Mgr Isaïe Papadopoulos". Revue des études byzantines (92): 64–65. Le P. lsaïe Papadopoulos fut ordonné prêtre en 1882, par un prélat grec converti, Mgr Benjamin Evsévidis, ancien évêque titulaire de Néapolis et auxiliaire de Bosna-Séraï. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]