Saltar ao contido

Ventura García Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVentura García Rivera
Biografía
Morte19 de abril de 1911 Editar o valor en Wikidata
Cerdido, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, médico Editar o valor en Wikidata
Membro de

BUSC: garcia-rivera-ventura-m-1911

Ventura García Rivera, finado en Cerdido o 19 de abril de 1911, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, non exerceu a súa profesión até a vellez, dedicándose ao xornalismo, a literatura e a investigación histórica. Colaborou en Diario de Avisos, foi redactor de El Clamor del País e dirixiu El Liberal Coruñés. En 1887 marchou a Sevilla como secretario particular do Gobernador Antonio del Moral López. Dirixiu La Voz de Galicia en 1890 como suplente. En 1896 foi director de La Mañana. En 1899 foi nomeado médico titular do concello de Cambre,[1] traballou como médico nos buques da compañía Linea Arreti, e en 1906 foi nomeado médico do concello de Cerdido,[2] onde morreu o 19 de abril de 1911.[3][4]

  1. Gaceta de Galicia, 23-8-1899, p. 2.
  2. La Correspondencia Gallega, 28-5-1906, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 21-4-1911, p. 1.
  4. Noticiero de Vigo, 26-4-1911, p. 2.