Verán violento
Aparencia
Verán violento | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Estate violenta |
Director | Valerio Zurlini |
Produtor | Silvio Clementelli |
Guión | Valerio Zurlini Suso Cecchi d'Amico Giorgio Prosperi |
Intérpretes | Eleonora Rossi Drago Jean-Louis Trintignant Enrico Maria Salerno Jacqueline Sassard Lilla Brignone Raf Mattioli |
Música | Mario Nascimbene e Temptation de Teddy Reno |
Fotografía | Tino Santoni |
Montaxe | Mario Serandrei |
Distribuidora | Titanus |
Estrea | 27 de xaneiro de 1961 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Italia Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Verán violento (en italiano: Estate violenta) é un filme italo-francés de 1961 dirixido por Valerio Zurlini. Representa unha relación amorosa entre o mozo fillo dun destacado fascista, interpretado por Jean-Louis Trintignant, e a viúva dun oficial naval, maior ca el, interpretada por Eleonora Rossi Drago. Está situado na localidade costeira italiana de Riccione en xullo de 1943, arredor da época da destitución de Benito Mussolini, durante a invasión aliada de Sicilia na segunda guerra mundial. Estate violenta é a segunda longametraxe de Zurlini..[1]
O filme estreouse en galego o 8 de abril de 2022 a través da TVG.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Eleonora Rossi Drago como Roberta Parmesan
- Jean-Louis Trintignant como Carlo Caremoli
- Jacqueline Sassard como Rossana
- Cathia Caro como Serena
- Lilla Brignone como a nai de Roberta
- Enrico Maria Salerno como Ettore Caremoli
- Raf Mattioli como Giorgio
- Federica Ranchi como Maddalena
- Giampiero Littera como Daniele
- Bruno Carotenuto como Giulio
- Sergio Paolini como Sergio
- Tina Gloriana como Emma
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biography of Valerio Zurlini Arquivado 2007-11-14 en Wayback Machine.
- ↑ Antón Rubal (ed.). "Verán violento na TVG Netflix". Consultado o 19 de xuño de 2022.