Saltar ao contido

Vera Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVera Martínez
Nome orixinal(es) Vera Martínez Viota Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata

Vera Martínez Viota, nada en Santander o 13 de setembro de 1999, é unha futbolista española que xoga como defensa no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no Reocín Racing da localidade cántabra de Reocín.[1] Entre 2015 e 2017 xogou no Ave Fénix Racing de Torrelavega, ata que o club foi absorbido polo Racing de Santander, formando o CDE Racing Féminas, no que militou durante un ano. A continuación vestiu durante catro campañas a camiseta do Deportivo Alavés, co que conseguiu un ascenso á Primeira División.

Despois de dous anos xogando con Osasuna na Segunda División, no verán de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que viña de ascender a Primeira.[2]

  1. "VERA: Vera Martínez Viota". txapeldunak.com (en castelán). 
  2. "O Dépor ABANCA reforza o centro da súa defensa con Vera Martínez". 1 de xullo de 2024. Consultado o 18 de decembro de 2024.