Verano azul
Verano azul | |
---|---|
Formato | Drama-Comedia |
Creado por | Antonio Mercero |
Intérpretes | Antonio Ferrandis María Garralón José Luis Fernández Juan José Artero Miguel A. Valero Miguel Joven Cristina Torres Pilar Torres Gerardo Garrido |
Tema de apertura | Carmelo Bernaola |
País de orixe | España |
Episodios | 19 |
Produción | |
Duración | 60 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVE |
Primeiro episodio | 11 de outubro de 1981 |
Derradeiro episodio | 14 de febreiro de 1982 |
Na rede | |
http://www.rtve.es/television/verano-azul/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Verano azul foi unha serie de televisión de Televisión Española producida en 1981 e dirixida por Antonio Mercero. Foi rodada durante 16 meses, entre finais de agosto de 1979 e decembro de 1980, na localidade malagueña de Nerja e nas granadinas Motril e Almuñécar.[1]
A emisión orixinal tivo lugar na primeira cadea de RTVE entre o 11 de outubro de 1981 e o 14 de febreiro de 1982. O horario de emisión era dende as 16.05 h na tarde do domingo. Consta de 19 episodios de aproximadamente unha hora de duración cada un. Foi unha serie custosa en tempo e diñeiro. Entre escritura do guión, localizacións, rodaxe e montaxe tardou aproximadamente tres anos en estar lista para ser mostrada ao público.[2]
Argumento
[editar | editar a fonte]A serie relata as aventuras de varios amigos, nenos e adolescentes, en vacacións de verán nunha localidade da Costa do Sol. Aínda que nunca se nomea a devandita localidade na serie, trátase de Nerja, en Málaga, así como Motril e Almuñécar, en Granada.
Trátase das aventuras dunha cuadrilla composta por cinco rapaces e dúas rapazas de diferentes idades, entre os oito e os dezasete anos, aproximadamente, e dous adultos próximos: unha pintora e un mariño retirado.
Na súa banda sonora recupéranse cancións como "No nos moverán" de Joan Baez ou "Amor de verano" do Dúo Dinámico que volve adquirir popularidade entre o público máis novo en España.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Chanquete (Antonio Ferrandis), vello mariñeiro que vive en 'La Dorada 1ª', un barco de pesca habilitado como casa en terra.
- Tito (Miguel Joven), en realidade chámase Francisco e é o máis pequeno da cuadrilla. O actor que lle deu vida, Miguel Joven, tiña só 6 anos e medio cando comezou a rodaxe. Compañeiro de Piraña e irmán de Bea.
- Bea (Pilar Torres), irmá de Tito, é a guapa do grupo, cuxo amor se disputan Javi e Pancho.
- Javi (Juan José Artero) é o líder da cuadrilla. Orgulloso e independente, choca a miúdo co seu pai, defensor da man dura e dos vellos valores.
- Pancho García (José Luis Fernández) é o repartidor dunha tenda de alimentación rexentada polos seus tíos, cos cales vive.
- Piraña (Miguel Ángel Valero) chámase en realidade Manolito, pero chámano deste modo debido á súa voracidade. É enxeñoso e culto, e compañeiro habitual de Tito.
- Quique (Gerardo Garrido), é o mellor amigo de Javi, situado entre os dous rapaces maiores e os dous pequenos, é un personaxe algo esvaecido.
- Desi (Cristina Torres), inseparable amiga de Bea e filla de pais separados, o que na época era toda unha novidade: é comentario habitual entre os pais dos demais rapaces.
- Julia (María Garralón) é unha pintora solitaria de vacacións na vila. Nun dos capítulos revélase o motivo da súa soidade.
Secundarios
[editar | editar a fonte]- Agustín (Manuel Tejada) é o pai de Bea e Tito, home tranquilo e sempre aberto ao diálogo cos seus fillos.
- Carmen (Elisa Montés) é a nai de Bea e Tito.
- Javier (Manuel Gallardo) é o pai de Javi, home autoritario ao que lle importan moito os negocios.
- Luisa (Helga Liné) é a nai de Javi.
- Nati (Ofelia Angélica) é a nai de Piraña.
- Cosme (Manuel Brieva) é o pai de Piraña.
- Frasco (Fernando Sánchez Polack) é o dono do bar onde adoita ir Chanquete a xogar ao dominó. Tamén é un dos seus mellores amigos.
- Epifanio (Roberto Camardiel) é o alcalde da localidade.
- Floro (Lorenzo Ramírez) é un axente de policía da localidade.
- Mercedes (Concha Leza) é a nai de Quique.
- Enrique (Fernando Hilbeck) é o pai de Quique.
- Pilar (Concha Cuetos) é a nai de Desi, que está separada de Jorge, o seu marido.
- Jorge (Carlos Larrañaga) é o pai de Desi.
- Mari Luz (Esther Gala) é a tía de Desi, que vive coa súa irmá Pilar e a súa sobriña.
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor serie nacional | Gañadora | |
Mellor actor | Antonio Ferrandis | Gañador |
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor intérprete de televisión | Antonio Ferrandis | Candidato |
- Festival de Televisión de Praga (1981).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ideal.es (30 de xuño de 2014). "Verano Azul na Costa Tropical" (en español).
- ↑ Yanke, Rebeca (03/03/2010). "O 'remake' dunha serie mítica: 'Verano azul'" (en español). El Mundo. Arquivado dende o orixinal o 16/12/2009. Consultado o 08/07/2014.