Verbo depoñente
Aparencia
Un verbo depoñente en latín é o que ten forma pasiva e sentido activo ou medio. O nome déronllelo os gramáticos latinos, de deponere, "depor", "abandonar", porque "abandonaran" o sentido pasivo.
En xeral, aos verbos depoñentes correspóndenlles en galego verbos intransitivos ou reflexivos, ou mesmo transitivos: morior, "morrer"; potior, "apoderarse de"; sequior, "seguir".