Saltar ao contido

Verificación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A verificación é o establecemento da veracidade de algo. Este termo utilízase especialmente nas ciencias, enxeñería, dereito e computación.

Características

[editar | editar a fonte]

A verificación dun experimento científico é un paso necesario para probar unha hipótese ou unha teoría. Pero aínda que resulte positiva, non asegura que o resultado verificado sexa correcto.

Por exemplo, poderíase formular a seguinte teoría: "son inmortal". O paso seguinte é verificar a teoría, cousa que se fai cada día ao acordar, cada día se está máis seguro de ser inmortal. Se se alcanzan os 100 anos, verificaríase moitas veces a teoría inicial, pero o día en que o individuo morra, non se poderá comprobar o erro (falsar).

Outro exemplo son os individuos de pobos primitivos que bailan sen parar a danza da chuvia para atraela. Posto que non paran até que chova, sempre acaban verificando que a danza dá resultado.

Por iso algúns filósofos da ciencia como Popper, creron que o criterio de demarcación entre o que é ciencia ou non, debe ser o falseamento, é dicir, a posibilidade de, nun momento dado, descubrir que unha hipótese ou teoría é falsa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]