Vertedura de granulado de plástico na costa de Galicia
Vertedura de granulado de plástico na costa de Galicia | |
---|---|
![]() | |
Tipo | accidente marítimo, conflito ambiental e verquido ![]() |
Localización | |
Coordenadas | 41°42′13″N 9°31′24″O / 41.703475942073, -9.5232638405427 |
Localización | Rexión Norte, Galicia e Asturias ![]() |
País | España e Portugal ![]() |
Data | |
Data | decembro de 2023 ![]() |
Características | |
Causa de | Contaminación por gránulos de plástico ![]() |
Implicados | |
Participante | CSAV Toconao (en) ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |

A vertedura de granulado de plástico na costa de Galicia tivo lugar logo de que o 8 de decembro de 2023 o buque Toconao, de bandeira de Liberia, perdese varios contedores fronte á costa de Portugal.[1] Un deles contiña granulado, pequenas bólas de plástico utilizadas como materia prima para a fabricación de produtos plásticos, que chegaron á costa galega desde as Rías Baixas ata a Mariña de Lugo. A situación agravouse pola dificultade para retirar estes residuos debido ao seu pequeno tamaño e lixeireza, o que complicou enormemente os labores de limpeza.[2]
A resposta das autoridades a esta crise foi obxecto de críticas. Organizacións locais como Noia Limpa e grupos ecoloxistas como ADEGA[2] denunciaron a falta de acción efectiva por parte da Xunta de Galicia que estaba informada de situación desde un mes antes.[3] Ademais dos problemas medioambientais, esta contaminación representa unha ameaza significativa para a economía local, que depende en gran medida da pesca e a acuicultura. O granulado, polo seu tamaño, pode ser inxerido pola fauna mariña, o que aumenta o risco dunha maior contaminación biolóxica e pon en perigo a biodiversidade e os recursos mariños da rexión.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Operario limpando na praia de Lardeira (Corrubedo, Ribeira).
-
Granulado na praia de Lardeira, Corrubedo.
-
Granulado recollido na praia de Baldaio, Carballo.
-
Operarios retirando granulado na praia de Baldaio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denuncian la aparición de grandes cantidades de pellets de plástico en playas gallegas". El País (en castelán). 4 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de xaneiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 "Crisis ambiental en Galicia por los millones de pellets de plástico que inundan playas: "Ni la Xunta ni el Gobierno están haciendo nada"". 20 Minutos (en castelán). 6 de xaneiro de 2024. Consultado o 7 de xaneiro de 2024.
- ↑ "A Xunta ocultou a información da vertedura de microplásticos durante días a institucións e o sector pesqueiro". O Salto. 5 de xaneiro de 2024. Consultado o 7 de xaneiro de 2024.