Saltar ao contido

Vicealmirante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O vicealmirante[1] é un grao militar da xerarquía de oficiais nas armadas. Este grao é equivalente ao de xeneral de división nos exércitos de terra e aire. Normalmente encóntrase inmediatamente enriba do contralmirante e inmediatamente debaixo do almirante.

Variación

[editar | editar a fonte]

Na Armada Arxentina o vicealmirante é un grao de oficial superior encontrado por enriba do contralmirante e por debaixo do almirante.

O grao de vicealmirante foi creado en 1818 como máximo grao da Armada de Chile, equivalente ao Xeneral de división e o seu primeiro agraciado foi o inglés Thomas Cochrane. O seu distintivo é un galón dourado de 45 mm localizado na bocamanga e sobre o galón unha estrela dourada. Neste grao só se pode permanecer ata cumprir os 41 anos de servizo naval.[2]

Divisas de Vicealmirante da Armada Española.

É un grao de oficial xeneral por enriba do contralmirante e por debaixo do almirante.

Na Armada Española as súas divisas son dous galóns de 14 mm.

Na Armada dos Estados Unidos de América o grao de vicealmirante encóntrase precedido polo grao de contralmirante e sucedido polo grao de almirante.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Vicealmirante.
  2. "Los grados jerárquicos de la Armada". armada.cl (en castelán). Consultado o 2021-06-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]