Saltar ao contido

Vicecondado de Carcasona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVicecondado de Carcasona

Localización
Mapa
 43°12′57″N 2°21′05″L / 43.2158, 2.3514

O Vicecondado de Carcasona xurdiu en 1082. Nesa data Bernardo Aton IV Trencavel vizconde de Nimes e Albi, alegando os dereitos da súa nai Ermengarda (que os vendera a Barcelona antes do 1070) reclamou os condados de Carcasona e Rasez e os viscondados de Beziers e Agde e se apoderou deles. Os Trencavel foron señores de feito dos dominios pero só co título de vizcondes. Ermengarda morreu en 1101 e o seu fillo Bernardo Aton IV foi entón proclamado formalmente vizconde de Carcasona, Rasez, Beziers e Agde. Barcelona defendeu os seus dereitos repetidamente.

Vista da cidadela de Carcasona.

En 1107 Ramón Berenguer III apoderouse da cidade de Carcasona. En 1129 ou 1130 morreu Bernardo Aton e os seus fillos Bernardo V e Roxerio I sucedéronno o primeiro en Nimes e Agde e o segundo en Carcasona, Rasez, Beziers e Albi. Roger morreu sen fillos en 1150 e o seu irmán Ramón I Trencavel gobernou os estados até 1167. Logo de sete guerras (1096, 1107, 1112, 1120, 1124, 1150 e 1157) Ramon I Trencavel recoñeceu en 1157 a soberanía de Barcelona, recoñecemento confirmado en 1167.

O seu fillo Roger II (III de Beziers) foi vizconde até 1194 (asociado co seu irmán Ramón), e despois o seu fillo Ramón Roger Trencavel até 1209 no que foi desposuído e encarcerado por Simón de Montfort e morto pouco despois en cativerio. O seu parente Bernardo Aton VI de Nimes e Agde, tamén perdeu os seus dominios en 1214.

En 1224 o fillo de Ramón Roger Trencavel, Ramón II Trencavel, logo dalgúns intentos infrutuosos, recuperou os estados do pai, pero perdeunos en 1227; para volver a recuperalos parcialmente en 1240, pero finalmente en 1247 cedeu os seus dereitos ao rei de Francia a cambio dunha pensión.

Lista de vizcondes de Carcasona

[editar | editar a fonte]