Saltar ao contido

Vicente Feixoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVicente Feixoo
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1813 Editar o valor en Wikidata
Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 1854 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Baiona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata

BUSC: feijoo-montenegro-y-arias-vicente-maria-1813-1854

Vicente María Feijoo-Montenegro y Arias, nado en Allariz o 19 de febreiro de 1813 e finado en Baiona o 14 de outubro de 1854, foi un médico e poeta galego, que Ricardo Carballo Calero sitúa entre os precursores de Rosalía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vicente María Feijoo-Montenegro y Arias foi o cuarto neto do señor da Granxa do Mato, don Antonio Feixoo-Montenegro, pai de Frei Bieito Feixoo. Licenciouse en Medicina en 1837.

Foi amigo de Neira de Mosquera e tamén de Saco e Arce, quen o fixo figurar na pequena antoloxía da súa Gramática[1] unha composición de Vicente Feijoo: Á boa memoria de Azara. Con motivo da publicación das obras completas de Azara (1771-1804) preparouse unha “corona poética” con poemas nas diferentes linguas do estado. A composición é un himno escrito en 1851 e composto en hendecasílabos formados por tres anapestos e unha sílaba final. Comeza e remata con serventesios, o resto consta de nove oitavas italianas, cos versos 1º e 5º non libres. O vocabulario é enxebre[2]. Vicente Feijoo tamén é autor de lendas en verso e algunha novela histórica en castelán [3].

Morreu en Baiona, vítima do cólera

  1. Saco Arce, Juan A (1868). Gramática Gallega. Imprenta de Soto Freire. p. 303-305. 
  2. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-227-7. 
  3. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 201. ISBN 84-8288-019-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]