Vicente Moret Bonillo
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1962 (63 anos) Valencia, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela (1979–1988) |
Actividade | |
Ocupación | investigador da intelixencia artificial |
Empregador | Universidade da Coruña, catedrático de universidade Faculdade de Medicina da Geórgia (pt) Universidade de Santiago de Compostela |
Vicente Moret Bonillo, nado en Valencia o 15 de xaneiro de 1962 é un científico, investigador e profesor aveciñado en Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en ciencias químicas en 1984 e doutorouse en ciencias físicas en 1988 na Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático na Universidade da Coruña, especialista en intelixencia artificial, informática biomédica e monitorización intelixente. Actualmente traballa en Computación Cuántica.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Investigador Posdoutoral Departamento de Enxeñaría Biomédica na Universidade de Augusta (MCG) Georgia, Estados Unidos, 1988-1990.
- Membro Sénior do IEEE desde 2006. Premio Especial ao Mérito polas súas relevantes contribucións en Enxeñaría Clínica (EE.UU., 1990).
- Participación activa en proxectos de I+D, transferencia e difusión do coñecemento.
- Director dun importante número de teses de doutoramento sobre Intelixencia Artificial, Razoamento con Información Inexacta, Sistemas Intelixentes de Monitorización, Usabilidade e Computación Cuántica.
- Autor dun importante número de publicacións científicas.
- Recoñecido especialista en Aplicacións Médicas da Intelixencia Artificial, Monitorización Intelixente, Modelos de Razoamento Impreciso e Validación de Sistemas Intelixentes.
- Responsable do equipo de I+D en aplicacións biomédicas da intelixencia artificial e responsable do equipo de I+D en validación e usabilidade de sistemas informáticos.
- Coordinador do grupo de aplicacións informáticas avanzadas do Centro de Investigación e Desenvolvemento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, CITIC – UDC.
- Catedrático responsable das materias de Enxeñaría Informática (Intelixencia Artificial), Catedrático de materias do Grao en Informática (Sistemas Intelixentes, Representación do Coñecemento e Razoamento Automático -responsable e coordinador-), Profesor responsable das materias do grao de Enxeñaría Civil da ETSI de Vías, Canles e Portos (Sistemas Expertos), Profesor responsable das materias do Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil (Sistemas Expertos en Enxeñaría Civil), Profesor responsable das materias do Doutoramento en Informática (Modelos Físicos en Informática Avanzada: Termodinámica da Computación, Reversible).
- Informática e Informática Cuántica). Áreas de Interese: Sistemas de Apoio á Decisión, Aplicacións Biomédicas da Intelixencia Artificial, Monitorización Intelixente, Validación e Usabilidade de Sistemas Informáticos, Computación Cuántica.
Obra escrita publicada (selección)
[editar | editar a fonte]- ESTER, un sistema experto en supervisión de terapias respiratorias, 1988, UDC. Tese de doutoramento.
- Fundamentos de inteligencia artificial, 1998, UDC. Con Amparo Alonso Betanzos. ISBN 84-89694-68-0. Varias edicións.
- Tecnologías de la Información y las Comunicaciones, 1998, Instituto Tecnológico de Galicia e Xunta de Galicia. ISBN 84-84973-13-7
- Validación de sistemas inteligentes, 2002, Tórculo Edicións. Con Eduardo Mosqueira Rey. ISBN 84-8408-194-X.
- Adventures in Computer Science. From Classical Bits to Quantum Bits, 2017. Springer. ISBN 978-3-319-64807-1.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adventures in Computer Science na páxina web da editorial (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 383. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Vicente Moret Bonillo Arquivado 22 de setembro de 2021 en Wayback Machine. no sitio web da UDC.