Vicente Páramo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1892 Sarria, España |
Morte | 3 de setembro de 1936 (43/44 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Vicente Páramo Losada, nado en Sarria cara a 1892 e finado en Lugo o 3 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coa proclamación da República e a anulación das elección do 12 de abril, o 23 de abril de 1931 foi nomeado vogal da Comisión Xestora que presidiu Camilo González Macía.[1] Militante de ORGA, foi vogal do Centro Republicano de Sarria. Foi un dos fundadores do periódico Loita.
Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en outubro acusado da repartición de follas clandestinas.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 20 preto de Monforte de Lemos. Xulgado en Lugo en consello de guerra o 28 de agosto xunto con Julio Páramo Sánchez, Emilio Golás Rodríguez, Claudio Garrido Lago e Manuel Montero Montero,[3] foi condenado a morte. Foi executado en Lugo o 3 de setembro de 1936.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi tío de Julio e Antonio Páramo Sánchez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Penoucos, X. R. "La proclamación en Sarria". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-8-1936, p. 5.