Saltar ao contido

Antonio Páramo Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Páramo Sánchez
Biografía
Nacementoc. 1912 Editar o valor en Wikidata
Sarria, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de maio de 1959 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sarria
marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución)
← Juan Manuel Somoza GarcíaCástor Fernández López → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, xornalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2489

Antonio Páramo Sánchez, nado en Sarria en 1912 e finado en Lugo o 24 de maio de 1959, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Neto de Antonio Sánchez Teijelo (que fora alcalde de Sarria nos anos vinte) e sobriño de José Sánchez Arias e Vicente Páramo Losada, foi un destacado avogado e ocupou a presidencia da sociedade La Unión de Sarria. Organizou o Partido Republicano na comarca de Sarria e foi delegado do centro republicano de Sarria, constituído en 1931. Nese ano asumiu a dirección do periódico La Voz de Sarria. En 1933 dirixiu o periódico Loita, Órgano del Cento Republicano de Sarria.

Accedeu á alcaldía de Sarria con 24 anos logo do triunfo da Fronte Popular en marzo de 1936, e ocupou un papel relevante en Izquierda Republicana. Formou parte do comité provincial do partido, e foi un dos compromisarios que participaron na elección do presidente Manuel Azaña.

Antonio Páramo exercía como alcalde ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e foi perseguido durante a guerra civil. Declarado en rebeldía en varias causas, e confiscado o seu patrimonio, estivo fuxido uns doce anos, agochado en Chave (O Saviñao). Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado ao pago de cen mil pesetas en concepto de responsabilidade civil en xuño de 1940.[1] Finalmente presentouse e foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión e condenado a dous anos de prisión. Ao saír en liberdade instalouse en Lugo como avogado. Finou en Lugo o 24 de maio de 1959.[2]


Predecesor:
Juan Manuel Somoza García
 
Alcalde de Sarria
 
1936
Sucesor:
Cástor Fernández López

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María de los Ángeles Suances Pereiro e foi pai de María Consuelo, Antonio e Javier Páramo Suances.

  1. BOE, 3-8-1940, p. 3595.
  2. Necrolóxica en El Progreso, 31-5-1960, p. 7.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]