Vicente Uribe
Aparencia
Nome orixinal | (es) Vicente Uribe Galdeano |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de decembro de 1902 Bilbao, España |
Morte | 11 de xullo de 1961 (58 anos) Praga, República Checa |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Comunista de España 22 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Xaén | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, operário metalúrgico (pt) , metalúrxico |
Partido político | Partido Comunista de España |
Vicente Uribe Galdeano, nado en Bilbao o 30 de decembro de 1902, e finado en Praga o 11 de xullo de 1961, foi un político vasco, dirixente do Partido Comunista de España (PCE) e Ministro de Agricultura durante a guerra civil española. Obreiro metalúrxico de profesión, chegou a ser membro do Comité Central do PCE. Tras o final da guerra civil houbo de marchar ao exilio, instalándose primeiro en México e posteriormente en Francia e Checoslovaquia. En 1956, durante as loitas de poder que seguiron á morte de Stalin, Uribe foi apartado do seu posto no partido.