Vicente de la Fuente García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1934 Betanzos, España |
Morte | 22 de decembro de 2021 (87 anos) Betanzos, España |
Alcalde de Betanzos | |
1979 – 1983 – Antolín Sánchez Presedo → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Familia | |
Fillos | Nacho de la Fuente |
Vicente de la Fuente García, nado en Betanzos o 29 de xaneiro de 1934 e finado na mesma localidade o 22 de decembro de 2021,[1] foi un empresario e político galego que ostentou a alcaldía de Betanzos dende 1979 ata 1983.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi Profesor Mercantil pola Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña (1954).
Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro de Betanzos por Unión de Centro Democrático (UCD), tomando posesión o 19 de abril de 1979. O 3 de maio de 1979, o alcalde titular viuse obrigado a abandonar a alcaldía por enfermidade sen chegar a presidir ningún acto corporativo. Ao non estar prevista a orde de sucesión, por autoconvocatoria dos concelleiros, acordouse que se fixese cargo da alcaldía o 15 de maio de 1979. O 6 de setembro o alcalde titular renunciou e por acto plenario do 26 de setembro de 1979 resultou elixido alcalde titular, cargo no que permaneceu ata maio de 1983. Foi deputado provincial e presidente da Comisión de Facenda.
Obra
[editar | editar a fonte]Publicou varios artigos no Anuario Brigantino: "Un recluso en Betanzos..." (2004),[2] "El monasterio de Santa María de Sobrado" (2005),[3], "Una experiencia de democracia..." (2006)[4] e "La Comisión Pro-Cierre Dominical" (2007).[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Vicente, María, Javier, Isabel, Pablo, Cova, Juan, Marta e Ignacio de la Fuente Lago.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (22 de decembro de 2021). "Muere el exalcalde de Betanzos Vicente de la Fuente a los 87 años". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2021.
- ↑ http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2004PDF/2004%20383-392%20VICENTE.pdf
- ↑ http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2005PDF/2005%20153-172%20VICENTE%20DE%20LA%20FUENTE.pdf
- ↑ http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2006PDF/2006%20345-356-VICENTE06.pdf
- ↑ http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2007PDF/2007%20369_392.pdf
- ↑ F Espiñeira (24 de marzo de 2023). "Fallece el periodista de La Voz de Galicia Nacho de la Fuente, un pionero del periodismo digital". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Ramón Sánchez García |
Alcalde de Betanzos 1979 - 1983 |
Sucesor: Antolín Sánchez Presedo |