Vickers Vernon
Vickers Vernon | |
---|---|
Vernon da Royal Air Force | |
Tipo | transporta |
Fabricante | Vickers |
Introducido | 1921 |
Retirado | 1927 |
Principais usuarios | Royal Air Force |
Unidades construídas | 55 |
O Vickers Vernon foi un biplano británico de transporte de tropas[1] usado pola Royal Air Force. Entrou en servizo no ano 1921 e foi o primeiro transporte dedicado de tropas da RAF.
O Vernon desenvolveuse a partir do Vickers Vimy Commercial, unha variante de pasaxeiros do famoso bombardeiro Vickers Vimy, e estaba equipado con dous motores Napier Lion ou Rolls-Royce Eagle VIII.[1] Fabricáronse un total de 55 unidades.
En febreiro de 1923, Vernons dos escuadróns 45 e 70 da RAF transportaron preto de 500 soldados a Kirkuk, Iraq,[2] despois de que a zona civil da cidade fose invadida por forzas kurdas. Esta foi a primeira ponte aérea estratéxica da historia.[3]
Os Vernons do escuadrón 45 tiñan portabombas e miras instaladas.[4] En maio de 1924 o escuadrón foi designado oficialmente No. 45 (Bombing) Sqdn.[5]
Os Vernons foron substituídos por Vickers Victoria a partir de 1927.
Variantes
[editar | editar a fonte]- Vernon Mk I
- transporte militar impulsado por dous motores de pistón Rolls-Royce Eagle VIII de 360 cabalos.
- Vernon Mk II
- transporte militar impulsado por dous motores de pistón Napier Lion II de 450 cabalos.
- Vernon Mk III
- transporte militar impulsado por dous motores de pistón de alta compresión Napier Lion III de 525 cabalos.
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Embry, Basil (1976). Mission Completed. London: White Lion. ISBN 0-7274-0260-9.
- Johnson, Brian; Cozens, H. I. (1984). Bombers The Weapon of Total War. London: Methuen. ISBN 0-423-00630-4.
- Moyes, Philip (1964). Bomber Squadrons of the R.A.F. and Their Aircraft. London: MacDonald. OCLC 796778515.
- Thetford, Owen (1962). Aircraft of the Royal Air Force since 1918. London: Putnam. OCLC 213505944.
- Wragg, David (1986). Airlift A History of Military Air Transport. Shrewsbury: Airlife. ISBN 0-906393-61-2.