Victoria Woodhull
Nome orixinal | (en) Victoria California Claflin Woodhull Blood Martin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Victoria California Claflin 23 de setembro de 1838 Homer, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 9 de xuño de 1927 (88 anos) Bredon, Reino Unido (en) |
Lugar de sepultura | Tewkesbury (pt) |
Residencia | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | corredora de bolsa, xornalista, activista polos dereitos das mulleres, política, sufraxista, editora literaria, escritora |
Partido político | Equal Rights Party (en) |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | John Martin (1883–1897), morte do cónxuxe James Blood (1866–1876) Canning H. Woodhull (1853–1865), divorcio |
Fillos | Byron Woodhull () Canning H. Woodhull Zula Maud Woodhull () Canning H. Woodhull |
Irmáns | Tennessee Celeste Claflin |
Premios | |
Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of the American Left (en) American Women Writers Wegbereiterinnen (en) |
Victoria Claflin Woodhull, máis tarde coñecida como Victoria Woodhull Martin, nada o 23 de setembro de 1838 e finada o 9 de xuño de 1927, foi unha líder do movemento polo sufraxio feminino nos Estados Unidos.
En 1872, Woodhull converteuse na primeira muller en presentar a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos. Ademais do seu labor como activista a prol dos dereitos das mulleres e das reformas laborais, Woodhull apoiaba o amor libre, que para ela significaba ter liberdade para casar, divorciarse e ter fillos sen a interferencia do goberno.
Woodhull pasou dúas veces da pobreza á riqueza: a primeira vez, cultivou un grande éxito grazas ó seu traballo coa magnetoterapia, e a segunda vez, na década de 1870, logo de unirse ó movemento espiritualista, fixo unha fortuna como corredora de bolsa en Nova York.[1][2] Aínda que a autoría de varios dos seus artigos está en disputa (algúns dos seus escritos e discursos foron colaboracións entre ela, os seus axudantes e o seu segundo esposo, o coronel James Blood), o seu rol como representante dos movementos sociais polo voto feminino e demais causas a prol dos sectores desfavorecidos foi moi poderoso.[3] Xunto coa súa irmá Tennessee Claflin, foi a primeira muller que operou unha financeira en Wall Street, e ambas foron das primeiras mulleres que fundaron un xornal, Woodhull & Claflin's Weekly, que comezou a publicarse en 1870.[4]
A principios da década de 1870, na súa etapa política máis activa, Woodhull adquiriu notoriedade como a primeira muller que presentou a súa candidatura para a presidencia dos Estados Unidos, como representante do partido Equal Rights, que avogaba polo sufraxio feminino e a igualdade de dereitos. Días antes das eleccións, foi acusada de obscenidade por publicar un artigo sobre o suposto romance adúltero entre o prominente ministro Henry Ward Beecher e Elizabeth Tilton e arrestada, o que sumou unha gran cobertura nos medios á súa candidatura. Non recibiu votos electorais e non se sabe con seguridade se obtivo algún voto popular.
As reformas e os ideais de Woodhull para a clase traballadora, en contraposición ó que ela vía como a elite corrupta e capitalista, eran moi controvertidos e extremistas na súa época. Varias xeracións despois, moitas destas reformas foron implementadas e algunhas das súas ideas e suxestións aínda están en debate.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Johnson, 1956, p. 46
- ↑ Johnson, 1956, p. 46-47
- ↑ Johnson, 1956, p. 86, p. 87
- ↑ The Revolution, un xornal semanal fundado por Susan B. Anthony e Elizabeth Cady Stanton, comenzara a ser publicado dous anos antes, en 1868.