Victoriano Ballesteros Reboreda
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1894 Chapela, España |
Morte | 8 de agosto de 1960 (66 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Victoriano Ballesteros Reboreda, nado en Chapela (Redondela) o 20 de marzo de 1894 e finado en Vigo o 8 de agosto de 1960, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi concelleiro de Vigo e vogal da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Promotor dos sindicatos católicos e doutras organizacións na órbita da Igrexa católica. Dirixiu o semanario Galicia Social dende 1922, foi correspondente da axencia Logos e colaborou con Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Ya e Hoja del Lunes. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 deu "charlas patrióticas en Radio Vigo. Finou en Vigo o 8 de agosto de 1960 aos 65 anos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 15-8-1960, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 81–82. ISBN 978-84-8457-448-4.