Victoriano Fernández Asís
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Victoriano Fernández de Asís xullo de 1906 A Coruña, España |
Morte | 14 de maio de 1991 (84 anos) Madrid, España |
Residencia | Madrid (1933–1991) Salamanca A Coruña |
Educación | Universidade de Salamanca - licenciatura en Dereito (1924–1928) |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, xornalista, avogado |
Período de actividade | 1924 - xullo de 1981 |
Empregador | RTVE Instituto (1975–1981) Facultade de Ciencias da Información (1972–1981) Escola Oficial de Xornalismo (1956–1975) RTVE (1940–1981) El Día (1933–1936) Pueblo (en) El Sol Orzán Q97073897 Q115800419 |
Pseudónimo literario | Luis de Salazar |
Premios | |
Victoriano Fernández Asís, tamén coñecido polo pseudónimo Luis de Salazar, nado na Coruña en xullo de 1906 e finado en Madrid o 14 de maio de 1991[1], foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os estudos de bacharelato na Coruña e colaborou no periódico El Orzán. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca. Colaborou en Galicia Nueva e dirixiu os diarios El Orzán e El Día. A finais de 1933 instalouse en Madrid e ao ano seguinte comezou a colaborar no diario El Sol.
Despois da guerra civil traballou no Diario Pueblo, primeiro escribindo sobre cuestións navais e finalmente facendo crítica literaria. Despois pasou a Radio Nacional de España, da que foi xefe da Programación Cultural, colaborando durante moito tempo no programa España a las ocho. Foi director da revista mensual Vía Libre e secretario da Revista General de Marina.
Ingresou en TVE en 1956, o ano da súa inauguración, para moderar un debate sobre a rebelión de Hungría, da que fora testemuña. Continuou participando en programas de debate e entrevistas, como La hora Philips. En 1959 foi nomeado Xefe de Programas, incluídos os informativos, cargo que desempeñou até 1962. Puxo en marcha varios programas de entrevistas, debate e información política, como La figura de la semana, dentro do programa Festival Marconi (1956-1957), Imagen de una vida (1956), Foro TV (1963-1964), Rueda de prensa (1965-1966), Llamada al diálogo (1966), Tribuna TV (1967-1968), Hora punta (1969) e ...Y siete (1971). Posteriormente dirixiu o Telediario a principios dos anos setenta. En 1974 presentou brevemente o Telediario, pero tralo cesamento de Pío Cabanillas, ese mesmo ano, abandonou o medio. Foi director do Instituto Oficial de Radio y Televisión (1978-1980).
Impartiu clases de xornalismo na Escola Oficial Xornalismo e na Escola de Radio e Televisión e na Facultade de Ciencias da Información, da que foi nomeado vicedecano en 1972.
Obras
[editar | editar a fonte]- La dragoneta.
- Tiempo nuevo.
- Doces meses y un día (con Cipriano Torre Enciso).
- El Madrid de los Austrias (1965).
- Las incógnitas de los medios electrónicos.
- Los medios audiovisuales en el desarrollo cultural (1968).
- Radio-televisión, información y programas las incógnitas de los medios electrónicos (1986).
- Epistolario de Felipe II sobre asuntos de mar (1986).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Ondas (Nacionais de Televisión) en 1963, como Mellor Director.
- Premio Rodríguez Santamaría, 1981.
- Premio Luca de Tena.