Victoriano Sánchez Latas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1855 ![]() Guntín, España ![]() |
Morte | 15 de marzo de 1927 ![]() Lugo, España ![]() |
![]() | |
abril de 1925 – 15 de marzo de 1927 ← José María Montenegro Soto ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Luís Sánchez Arrieta ![]() |
Victoriano Sánchez Latas, nado en Guntín cara a 1855 e finado en Lugo o 15 de marzo de 1927, foi un avogado, político e propietario agrario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1874). Exerceu como avogado en Mondoñedo e Lugo. Obtivo praza de rexistrador da propiedade e exerceu en Becerreá (1880), Mondoñedo (1885), Lugo (1887),[1] Andalucía, Burgos, Cataluña e Madrid, onde se xubilou. Comisario Rexio de Fomento de Lugo, foi presidente da Federación Católico Agraria Diocesana e presidente do consello de administración da Editorial Católica Lucense, editora de La Voz de la Verdad. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado deputado provincial da Deputación de Lugo, elixido vicepresidente e nomeado presidente o 1 de abril de 1925.[2] Foi xefe provincial da Unión Patriótica. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Lugo o 15 de marzo de 1927.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Ferreira de Pallares con Petra Arrieta Fernández en 1890,[4] e foi pai de Luís, María Teresa e María de las Mercedes Sánchez Arrieta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gaceta de Madrid, 6-8-1887, p. 371.
- ↑ La Voz de la Verdad, 2-4-1925, p. 1.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de la Verdad, 16-3-1927, p. 1, 2.
- ↑ El Eco de Galicia, 7-7-1890, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: José María Montenegro Soto |
![]() Presidente da Deputación de Lugo 1925 - 1927 |
Sucesor: Francisco Plácido Donapetry Yribarnegaray |